CHARLA: BOSQUE ATLÁNTICO
O pasado 7 de novembro, o alumnado de 6º recibiu unha interesante e imprescindible charla sobre "O BOSQUE ATLÁNTICO", organizada polo Concello de Pontevedra.
Da man do educador ambiental Marcos Guisandes, o alumnado coñeceu as principais características do Bosque Atlántico e as especies arbóreas que habitan nel. Ao longo da sesión, puidémonos concienciar da importancia de protexer o noso bosque autóctono, moi escaso xa na nosa Comunidade, e démonos conta da necesidade de preservar e repoblar os nosos bosques con algunha das 25 especies autóctonas que aprendemos a identificar, substituíndo así algunhas das actuais especies invasoras.
Despois de todo o aprendido, practicamos a identificación de especies a través dun divertidísimo xogo.
A recuperación nos nosos bosques autóctonos non só mellorará o colorido das nosas paisaxes, senón que favorecerá o regreso de moitas especies animais que están a desaparecer debido a perda da diversidade.
RECUPEREMOS O COLORIDO E A BELEZA DOS NOSOS BOSQUES!
MÁIS BOSQUES AUTÓCTONOS E MENOS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS!