UNHA VISITA MOI ESPECIAL
O pasado 7 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller e englobado dentro do Proxecto das Olimpíadas, tivemos a gran sorte de recibir no noso colexio a dúas piragüistas internacionais que participarán nas vindeiras olimpíadas en París: CAROLINA GARCÍA e SARA OUZANDE.
Contáronnos, a partires de vídeos e imaxes, como foi a súa traxectoria profesional como mulleres deportistas e o importante que é o esforzo á hora de conseguir os nosos soños.
Ademais, tamén contestaron ás nosas preguntas e incluso nos firmaron autógrafos!!
Sen dúbida, non esqueceremos facilmente esta visita tan especial!
DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE EN PARÍS!!