CHARLA INFORMATIVA: LGTBIQ+
Hoxe, o alumnado de 5º de primaria, tivemos unha charla informativa sobre
LGTBIQ+ impartida por persoal especializado da “Cruz Vermella”.
Todos sabemos que a diversidade está presente na nosa sociedade, e é por iso
que precisamos unha xuventude moito máis respectuosa e inclusiva.
Ao longo da sesión, ademais de aprender diferentes termos, sensibilizámonos
co colectivo LGTBIQ+ para así previr posibles delitos de odio no futuro, que
lamentablemente están aumentando a día de hoxe.
CONSTRUAMOS UNHA SOCIEDADE MÁIS
EQUITATIVA, IGUALITARIA E XUSTA!!