OBRADOIRO: EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
O alumnado de 5º participamos nun obradoiro de Educación para a Saúde, impulsado polo Concello de Pontevedra.
A través de dúas sesións de 100 minutos de duración, abordáronse cuestións como as habilidades sociais, a resolución de conflitos, a empatía, a educación emocional ou a autoestima.
Grazas a Carolina, especialista que impartiu o obradoiro, reflexionamos xuntos sobre moitos aspectos fundamentais para ter un correcto crecemento persoal. Ademais, en cada unha das sesións, a charla estaba acompañada de divertidas actividades e xogos para traballar o aprendido.
APRENDEMOS MOITÍSIMO E PASÁMOLO XENIAL!
AGARDAMOS REPETIR O VINDEIRO CURSO!