Abril 2017

Semana do Libro

 

 

Ademáis das actividades que xa vos contamos, para

conmemorar o Día do Libro,fixemos máis cousas, como escribir

unha frase do que é para nós un libro ou a lectura,facer

debuxos sobre o noso libro favorito,....

Tamén tivemos o gusto de disfrutar das lecturas dos traballos

premiados no concurso de micropoemas e microrrelatos

levado a cabo polos equipos de Normalización da zona.

Aquí vos deixamos algunha imaxen:

 

 

 

 

 

 

Semana do Libro

Esta semana no noso Centro adicamos un ratiño do noso

tempo a lecturas relacionadas coa Diversidade,tales como,

"UNHA PARELLA DIFERENTE" , "ORELLAS DE BOLBORETA" , ou

"ELMER".Os nenos e nenas de 3º e 4º encargáronse de facer

as lecturas aos compañeiros dos outros cursos.Ímosvos

amosar unhas imaxes que plasman estes momentos.

Noemí e Marco :

 

 

Pablo e Aarón :

 

 

 

Se queremos podemos!

 

Por fin chegaron as vacacións de Semana Santa, estabamos desexándoo, porque despois de este duro trimestre boa falta nos facía 

este merecido descanso.

E como remate e seguindo co noso proxecto "EN FEMININO", hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dunha muller que leva a cabo unha profesión "considerada de homes". Visitounos Saly Torres Nogueira, quen con esforzo e tesón e co apoio do seu pai, conseguiu desempeñar a profesión que realmente lle gustaba : "palista".

Disfrutamos moito da súa compaña e animounos a todos e todas a non abandonar  os nosos soños. O seu lema era: " traballo, esforzo e ilusión", e di que con eses ingredientes podemos conseguir ata onde desexemos.

Para rematar Saly preparou o campo de arriba e plantamos árbores frutais.

Agradounos moito a súa visita , porque ademais de palista e actriz como afección é moi boa comunicadora

Grazas Saly

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet