Curso 2011/2012

Actividades realizadas no curso 2011/2012

O ENTROIDO EN FOTOS

 

Queredes ver as fotos do noso ENTROIDO?

Pois clica no Meco e accede á Galería de fotos da nosa web


 

Pupiradio

Aquí está Pupiradio. A Radio de 1º A. Este é un programa que contén contos, chistes, anécdotas, cancións... escoita e disfruta tanto como nós cando o fixemos.

Para facer no nadal

O Concello de Vigo presenta as súas propostas con actividades para as familias nestas datas de nadal.No arquivo adxunto tedes a información.

Outras felicitacións de nadal

Como as novas tecnoloxías xa están implantadas no noso cole, as postais electrónicas de felicitación aumentan cada ano.Aquí tedes algunhas das realizadas neste curso:

Festival de nadal 2011

Este ano podedes "disfrutar" das actuacións do Festival de Nadal do colexio a través destos vídeos.

Moito "arte" en estado puro.

Actuación do alumnado de 4 anos A

Actuación do alumnado de 4ºA

Os nosos músicos

Panxoliña do alumnado de 5ºB

Obra de teatro de 5ºA (1ª e 2ª partes): ver no arquivo adxunto

Calendario de solicitude de praza para o curso 2012/13

 Para ver o Calendario de solicitude de praza para o curso 2012/13 clica aquí

OS DE SEGUNDO TEMOS UN BLOG

Os nenos e nenas de 2º autodenomínanse os laretas e amosan á súa actividade no blog:

Cousas dos laretas

Accede a el clicando na imaxe.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA E PARA A MATRÍCULA

Segundo especifica a Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, a documentación que cómpre presentar no centro é a que segue:

  1. Para a SOLICITUDE de praza (do 1 de marzo ata o 10 de abril):
  •  Modelo de Solicitude: pode descargarse no apartado de Modelos de impresos (nesta mesma web) ou ben solicitalo na Secretaría do centro.
  • Fotocopia do Libro de Familia (da páxina correspondente á nena ou neno) ou do seu DNI.
  • Certificado do Padrón municipal (pode solicitalo por internet clicando aquí).
  • Fotocopia da folla da renda 2010  onde aparecen as casiñas 455 e 465 
  •  No caso de alegar algunha circunstancia:

a. Certificado de minusvalía:

b. Fotocopia de familia numerosa

c. Calquera outro documento que acredite a circunstancia.

d. No caso de separación fotocopia da sentenza de separación onde aparece a garda e custodia.

  

2.  Para a MATRÍCULA (do 20 ao 30 de xuño):

  • Fotocopia da Cartilla de vacinación.
  • Fotocopia da Tarxeta da Seguridade Social
  • 3 fotografías de tamaño carnet

    AVISO IMPORTANTE:

    Artigo 12: Será ineficaz a solicitude presentada nos casos seguintes:

    1. Cando se presente máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza no mesmo centro ou en centros diferentes.

    2. Cando se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada.

    3. Presentación de solicitude fóra de prazo.

Distribuir contido

Back to top