DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA E PARA A MATRÍCULA

Segundo especifica a Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos, a documentación que cómpre presentar no centro é a que segue:

  1. Para a SOLICITUDE de praza (do 1 de marzo ata o 10 de abril):
  •  Modelo de Solicitude: pode descargarse no apartado de Modelos de impresos (nesta mesma web) ou ben solicitalo na Secretaría do centro.
  • Fotocopia do Libro de Familia (da páxina correspondente á nena ou neno) ou do seu DNI.
  • Certificado do Padrón municipal (pode solicitalo por internet clicando aquí).
  • Fotocopia da folla da renda 2010  onde aparecen as casiñas 455 e 465 
  •  No caso de alegar algunha circunstancia:

a. Certificado de minusvalía:

b. Fotocopia de familia numerosa

c. Calquera outro documento que acredite a circunstancia.

d. No caso de separación fotocopia da sentenza de separación onde aparece a garda e custodia.

  

2.  Para a MATRÍCULA (do 20 ao 30 de xuño):

  • Fotocopia da Cartilla de vacinación.
  • Fotocopia da Tarxeta da Seguridade Social
  • 3 fotografías de tamaño carnet

    AVISO IMPORTANTE:

    Artigo 12: Será ineficaz a solicitude presentada nos casos seguintes:

    1. Cando se presente máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza no mesmo centro ou en centros diferentes.

    2. Cando se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada.

    3. Presentación de solicitude fóra de prazo.

Back to top