CURSO 5ºA 5ºB

Concurso Illas Atlánticas

Este curso traballamos moito, pero de todos os proxectos que fixemos hai un do que nos sentimos especialmente orgullosxs: o noso proxecto sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

Todo comezou alá polo 1º Trimestre, cando viñeron Suso e Bea, das Illas Atlánticas, a falarnos do parque nacional e dos seus ecosistemas. Logo, no segundo trimestre, aproveitando o traballo que xa levamos anos facendo na caseta meteorolóxica (do Proxecta Meteoescolas) introducímonos a estudar os climas. Isto permitiunos enlazar cos ecosistemas, centrándonos nos ecosistemas do PN das Illas Atlánticas. Podedes ver algunha foto a continuación dos traballos grupais e das presentacións que fixemos. 

Decidimos presentarnos a un concurso que organizaba o PN das Illas Atlánticas, e creamos un Xogo de mesa: custounos chegar a un consenso e decidir como queriamos que fose o xogo, pero unha vez feito isto xa nos puxemos mans á obra: elaboramos un PASAAILLA. Ao estilo dun pasabalabra, co Plotter de corte e manualmente, elaboramos os taboleiros. Logo investigamos na biblioteca do centro, nos libros que trouxeron as profes e en interntet sobre os catro arquipélagos: Ons, Cíes, Cortegada e Sálvora. Despois, con toda a información que tiñamos, preparamos as tarxetas con preguntas para poder xogar. 

E, sabedes que? Gañamos o concurso e o premio foi unha viaxe ás Illas Cíes! Que ben o pasamos!

Estamos tan motivados con esta experiencia, que o curso que vén estamos desexando volver participar!

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024

O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO. 

 

 

Tercero trimestre

No terceiro trimestre seguimos cos Contacontos na biblio, traballos no laboratorio, proxectos de Ciencias, gravacións en radio, saídas pola contorna, facer Tatoos para o Art for change, xogar en Ghallufadas...

Unha das cousas que máis nos gustos foi continuar a recibir visitas dos familiares! Grazas pai de Alberto, pai de Paula, irmán de Carmela, avó de Carmen, pai de Dani...

E nas excursións... que pasada a visita a Cíes co premio que gañamos!

Aquí vai un pouco do noso segundo trimestre

No segundo Trimestre traballamos moito, pero o mellor foi que desfrutamos aprendendo: contacontos na biblioteca, gravacións na radio, proxectos do Clima e dos Ecosistemas das Illas Atlánticas, intercambios con outros cursos... Aquí vai unha mostra!

 https://go.ivoox.com/rf/125653158 Conto: O xigante do pantano.

https://go.ivoox.com/rf/124929732 Conto: Coelliño Branco.

https://go.ivoox.com/rf/124929599 Conto: Sopa verde.

https://go.ivoox.com/rf/124929076 Dani: concerto guitarra

 

Día da Síndrome de Down

O 21 de marzo conmemórase o Día da Síndrome de Down. Aproveitamos esta data para seguir traballando en prol da inclusión e da igualdade. 
A través de dinámicas moi activas e participativas empatizamos coas persoas con esta síndrome que aínda teñen que enfrontarse con barreiras no seu día a día. 
Grazas Asociación Down por compartir con nós o voso tempo! 

Ciberseguridade!

 

Todo o alumnado do terceiro ciclo xa sabe un pouquiño máis sobre a importancia de facer un uso seguro da Rede, pois non sempre é todo o que parece...

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!

 

 

 

Entrevista a David Gómez

Hoxe tivemos unha gran visita: DAVID GÓMEZ.

David é un deportista que ten unha ampla carreira deportiva no mundo do fútbol e que, nos últimos anos,  se adica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.

Deunos unha charla na que nos demostrou que se tes un soño hai que loitar e traballar duro para conseguilo. Falounos da importancia do deporte na súa vida e como a el estalle dando grandes oportunidades, como viaxar arredor do mundo. En todo momento destacou a importancia de rodearse de boas persoas que se convertiron nos seus amigos e familia. 

Estes días, o alumnado de 5ºA e 5º B estivemos preparando a súa visita: lemos noticias súas en xornais, preparamos preguntas que nos gustaría facerlle, fixemos un guion para entrevistalo na radio do cole... Logo da charla a todo o grupo, Sabela, Dani, Daniela e Javi fixéronlle unha entrevista na radio, e Rubén gravou un vídeo para inmortalizar este momento tan especial. A profe Marta axudounos na gravación.

Grazas a todxs, e especialmente a ti, David, por compartir o teu tempo con nós!

Entroido

Malia o mal tempo, desfrutamos moito preparando o Entroido e na festa que fixemos!

Elaboramos xabón

 

 

Hoxe viñeron de "Ponte a zero" a falarnos da limpeza ecolóxica para o fogar. Explicáronos como ler o etiquetado dos produtos de limpeza domésticos, e das alternativas máis respectuosas co noso medio. Sabiades que o vinagre é un excelente limpador? E que a lavanda é un anticouza formidable?

O máis divertido foi a elaboración do xabón. Dentro dunhas semanas coñeceremos o resultado!

Distribuir contido