Skip to Content

Complementarias

CARTAS MÁXICAS.

Os nosos maiores. Sabiduría infinita que debemos escoitar co corazón. Este ano, tiveron un agasallo moi especial polo nadal. Os peques do noso cole, fixéronlles chegar unhas cartas máxicas para que souberan que sempre están nos nosos pensamentos.

Grazas ás/aos traballadores da residencia pola súa implicación e por enviarnos este vídeo.

PARA VISUALIZAR O VIDEO, PREMEDE NO CORAZÓN.

FESTIVAL DE NADAL ´22

Ola familias! Aquí vos deixamos un enlace, no que podedes visualizar e descargar os videos de todas as actuacións do festival de nadal.

Agardamos que vos gusten moito!

  

 

 

50 ANIVERSARIO

O pasado venres 16 de decembro celebramos o 50 aniversario do noso colexio.

IMG-20221216-WA0037.jpg

Foi un día moi emotivo e cheo de bonitos reencontros.

Moitísimas grazas a todo o alumnado, familias e representantes das diferentes institucións pola súa participación nese día.

 

Especialmente agradecemos á Escola-Banda de Antas de Ulla por amenizarnos cunha agradable actuación musical e colaborar sempre que o solicitamos.

 

Ao Concello polos aperitivos e por axudarnos a manter as instalacións en boas condicións cada día.

 

E á Deputación de Lugo pola aportación do grupo de música tradicional "Agarimo" e pola elaboración do Documental que podedes ver no seguinte enlace.

https://drive.google.com/file/d/1r_YOqZxhpPQmu8OfrKX_PaoCFQPUI3SK/view?usp=sharing

 

Na galería podedes ver máis vídeos e fotos dese día.

 

Grazas a todos os asistentes por acompañarnos nese día!

SEMPRE EN FORMA!

Hoxe recibimos a visita dos membros do clube AD TRI-PENTA TERRAS DE LUGO, cos que tivemos o pracer de desfrutar dunha demostración, na que nos iniciaron en deportes de triathlon-pentatlón. Pasámolo xenial!

25 N

Así de fermosa quedou a nosa INSTALACIÓN ARTÍSTICA, grazas á vosa colaboración. 

 

Oxalá esta mensaxe, perdure sempre presente nas nosas mentes e nos nosos corazóns.

HORA DO CONTO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Moitas grazas a Teresa da Biblioteca por organizar sesións tan interesantes e a Silvia por esas historias tan ben contadas.

 

STOP VIOLENCIA!

CHARLAS PLAN DIRECTOR

Onte, tivemos de novo a visita dos profesionais da Garda Civil, que nos falaron de acoso escolar e racismo. Dúas interesantes charlas enmarcadas dentro do Plan Director. Grazas pola visita!

 

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado martes, os nenos de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a oportunidade de asistir a unha charla sobre ciberseguridade dentro do marco do Plan Director. Moitas grazas a Ramón, coma sempre, polos seus útiles consellos.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

BIBLIOPUIÑAS!

O mércores inauguramos a nova Biblioteca do centro, amosámoslle ao alumnado tódalas novas e ademais fíxose oficial a presentación da nova mascota da biblio "PUÍÑAS", creada e alcumada polos propios nenos e nenas do centro.

WhatsApp_Image_2022-10-05_at_4_30_38_PM_28129.jpeg

 

Ademais de todo isto, contamos coa actuación de Anxo Moure. Pasámolo en grande!

 Moitísimas gracias ao Equipo de Biblioteca polo seu esforzo e traballo. Quedou fantástica. Agardamos que vos guste tanto como a nós!

WhatsApp_Image_2022-10-05_at_4_30_36_PM_28329.jpeg

Preme na entrada da biblioteca (imaxe) para acceder á GALERÍA e ver máis imaxes.

A ALQUIMISTA

Dentro do programa da Xunta "Ler conta moito", Cristina Collazo presenteoulle o seu espectáculo na Casa da Cultura a todo o alumnado do centro, que pasou un rato formidable. Moitas grazas!

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

A ALQUIMISTA
Distribuir contido


by Dr. Radut