Skip to Content

Complementarias

GRADUACIÓNS 2024.

GRADUACIÓNS 2024!

PARABÉNS A TOD@S.

EmotionAntas RUN ´24

E M O T I O N A N T A S     R U    2 0 2 4

UNHA EXPLOSIÓN DE CORES

 

EXCURSIÓN ASTURIAS/CANTABRIA (17 ao 19 de xuño)

Aquí deixamos unhas imaxes da excursión de 5º e 6º curso. Como a desfrutamos!

EXCURSIÓN AO GROVE (17 ao 19 de xuño)

O alumnado de 1º a 4º curso, vivimos uns días inesquecibles, cheos de actividades, aventuras e amizade, nunha contorna espectacular.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA 2024.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada de convivencia escolar na Ribeira Sacra, do pasado 14 de xuño.

Inesquecible!

PREMIO BIOESCOLAS ARIOIL.

Somos terceiro premio do proxecto "Bioescolas" que promove ARIOIL, centrado na reciclaxe de aceite en centros escolares.

145 Kg recollidos en total no noso centro (1,726 Kg por alumn@)

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!

VISITAMOS O CONCELLO!

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, fixo unha interesante visita ao Concello de Antas de Ulla, para coñecer así mellor a institución desde onde se dirixe o municipio.

Grazas polo recibimento e a atención recibida. Foi xenial!

GALERÍA

O CORO DAS EMOCIÓNS.

Hoxe, estreáronse as voces do Coro das Emocións, unha actividade enmarcada dentro do proxecto "Educación Responsable", no que participa o centro.

Queredes ver a nosa actuación? Preme na imaxe.

II ENCONTRO INTERXERACIONAL.

Que marabilla poder atoparnos e compartir experiencias con outras xeracións de veciños!

O alumnado de quinto e sexto, tivo a ben lerlles uns contos aos/ás nen@s da escola infantil "A Galiña Azul".

Tamén houbo un fermoso encontro entre o alumnado de primeiro curso, e os usuarios da "Casa do Maior".

 

GALERÍA

 

ESCALADA.

Frustración superada, cun gran día de escalada!

Cantas satisfaccións, nos segue dando o Proxecto de Vida Activa e Deportiva. Seguimos traballando emocións, a través da práctica deportiva e os hábitos saudables.

Seguimos!!!

GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut