Skip to Content

Complementarias

1º MANDATO DO MECO

O LUNS 21 DE FEBREIRO COMEZA O ENTROIDO NO CAMIÑO!

O Meco di:

Se os pés no Camiño queres levar quentes,

trae botas diferentes

1º MANDATO DO MECO

Andaina Muíños do Corgo

Unha fermosa andaina aos "Muíños do Corgo" de todo o alumnado de Primaria.

Menudos campións e campionas!

Captura_de_pantalla_andaina_1.png

 

Actividade de Truque Matruque

No día de hoxe tivemos unha actividade moi especial organizada pola ANPA do colexio. Tratouse dunha actividade musical relacionada cos contos e coa nosa cultura, realizada por Truque Matruque.

Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro agradecemos este detalle melódico e doce que tivo a ANPA con todos nós. 

Saída de 1º e 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron onte unha saída ás Canteiras. Cada un levou a súa merenda e, logo, desfrutaron xogando todos xuntos.

Tedes máis fotos na GALERÍA DE IMAXES

Saída de 1º e 2º

Saída de Educación Infantil

O alumnado de Educación Infantil fixo onte unha saída á Cúpula, unha das prazas do pobo. Pasárono pipa, xa que estiveron xogando un montón e cada un levou a súa merenda e desfrutaron alí do aire libre.

Podedes ver máis fotos na GALERÍA DE IMAXES

Saída de Educación Infantil

Saída de 5º e 6º

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron este martes unha saída aos Muíños do Corgo. Foron andando dende o colexio e, logo, merendaron alí e fixeron uns xogos.

Podedes ver máis fotos na GALERÍA

 

Saída de 5º e 6º

VIDEOCONFERENCIA PLAN DIRECTOR

Grazas ao Plan Director e á Garda Civil o alumnado de 5º e 6º de primaria, gozou de dúas sesións de videoconferencia sobre "Adicción aos Videoxogos" e ""Riscos das Novas Tecnoloxías"

Estiveron moi interesantes e agardamos que todas esas problemáticas existentes entre os cativos, que nos deron a coñecer, se vaian eliminando.

 

 

TALLER DE TURISMO DESTINO ANTAS DE ULLA 3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria quixo promocionar Antas de Ulla, como pobo de interese turístico e atraer así milleiros de visitantes.

Pinchade nos seguintes enlaces e botade un ollo, que o fixeron moi ben!

 

https://view.genial.ly/60acc7199507df0d945baad7/presentation-presentacion-ciudad

 

https://drive.google.com/file/d/1_ugoZXwB_WVewZ74QZFCzji0SkRFgVwf/view?usp=sharing

 https://drive.google.com/file/d/1Rj4oS8hS6teyjXNF-r3f8-duBQRblZXh/view?usp=drivesdk

 

LETRAS GALEGAS

Esta semana celebramos as "Letras Galegas" coa visita de Polo Correo do Vento que nos achegaron á vida da homenaxeada, Xela Arias.

Ademais, o profe Sergio, deleitounos cunha bonita canción adicada a "Ela, Xela" e outros poemas e cantares galegos.

Tedes fotos na galería.

Segunda sesión de igualdade

Hoxe tivemos a segunda sesión sobre IGUALDADE organizada polo CIM de Palas de Rei, a cal estivo moi ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut