Skip to Content

Novas

TITORIAL PARA O ACCESO Á AULA VIRTUAL

Estimadas familias:

Deixámosvos aquí un documento adxunto cun titorial para poder acceder á aula virtual do centro. Nel explícase paso a paso como acceder ao material que os mestres e mestras van colgando para o traballo do alumnado.

Recordade que soamente poderedes entrar no curso no que estades matriculados e tamén nos titoriais informativos.

 

INICIO DO CURSO 2021-2022

Estimadas familias, queremos darvos a BENVIDA a este NOVO CURSO académico 2021-2022.

Deixamos as datas e horario das diferentes

reunións iniciais para as familias.

 

Venres 3-09-2021 ás 10:00h - 3º e 4º de Educación Primaria

Luns 6-09-2021 ás 10:00h - 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos)

Luns 6-09-2021 ás 11:00h - 5º de Educación Primaria

Luns 6-09-2021 ás 12:00h - 1º e 2º de Educación Primaria

Luns 6-09-2021 ás 13:00h 6º de Educación Primaria.

A reunión de 6º de Educación Infantil (5 anos) queda pendente de convocar.

 

Recordamos que non pode asistir o alumnado ás reunións e que se permite a presenza dun membro por familia. O uso de máscara é obrigatorio.

AGASALLO DO CONCELLO

O noso agradecemento unha vez máis ao Concello de Antas de Ulla por este agasallo tan delicioso da nosa comarca, "Doces da Ulloa".

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

O alumnado levará hoxe máscaras de reposto que foron proporcionadas pola S.D. Antas.

Moitas grazas por ese hixiénico agasallo!

PAUTAS PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos e para normalizar o máximo posible esta situación dámosvos algunhas ideas que podedes levar a cabo co alumnado de Ed.Infantil:

-ler contos , deixando que eles sexan partícipes( escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lles gustou…

-lectoescritura: buscar letras en revistass, etiquetas, contos…

-Números: contar obxectos habituais( xoguetes, pezas de froita, lapis…),ver números en etiquetas, teléfono, productos que se mercan…e traballar sinxelas sumas con situacións da vida real, traballar o calendario coa data por escrito como facemos cada día no colexio e mais estos días que os nenos perden a noción do tempo ao estar pechados nas casas.

-Cadernos de grafomotricidade

-Plástica: recortar cousas de xornais ou revistas, facer collages, colorear con distintos materiais, debuxo libre, facer manualidades sinxelas…

- xogos de mesa: puzles, oca, dominós, construccións…

-Atención e memoria: vexo- vexo,, adiviñas, retahílas, cancións…

Nestes días o principal é que como nenos xoguen e tamén descansen pero tamén, na vosa compaña continúen  adquirindo autonomía nas tarefas diarias.

Desexamos que isto se resolva axiña e que os nenos e nenas poidan volver as aulas con total normalidade. Recordade que é moi importante seguir as indicacións que se nos dan e que o máis importante agora é QUEDAR NA CASA.

Moitas grazas pola vosa colaboración

AVISO!!

AVISO: Por motivos meteorolóxicos, transporte decide adiantar a recollida do alumnado debido á dificultade que poida presentarse máis tarde!!!

 

 

Imos á Radio!

Mañá sábado 15 de decembro @s nen@s do Ceip de Antas de Ulla imos participar no programa de Openradio.es

Non esquezas que podes vir de público para vernos en directo!!

Resultado de imagen de dibujo radio

Distribuir contido


by Dr. Radut