Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

 

No arquivo adxunto podedes consultar os libros de texto do curso 24-25.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

 Curso escolar 2024-2025

 

ORDE DO 7 DE MAIO DO 2024

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en educación especial, axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, fondo solidario de libros de texto.

- Alumnado matriculado nalgún curso da Educación Primaria, axudas para adquirir material escolar.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os ANEXOS I e II da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

 

Prazo de solicitude é do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos)

 

INFORMACIÓN XERAL

 

 

SOLICITUDE DE ADMISION PARA O CURSO 24/25

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

DEBE FACER A SOLICITUDE:

- Alumnado de nova incorporación ao centro (4º curso de Infantil- nados no ano 2021).

- Alumnado que cambie de centro o vindeiro curso.

 

PRAZO: 

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

DOCUMENTACIÓN:

- Cubrir de xeito manual ou de xeito informático o modelo ED 550B-G Anexo II. Tamén pode presentarse a través da sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Aportar a seguinte documentación.

 

NORMATIVA REGULADORA:

-https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

 

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Comeza o proceso para a reserva de praza no IES de Monterroso, por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado neste curso 2023-2024 no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.

O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o ANEXO I en papel, ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ .

Dita solicitude deberá presentarse no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla ou a través da Sede Electrónica. Neste último caso precisarase dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital para poder asinala.

No seguinte enlace podedes consultar a normativa de aplicación e outra información relacionada co citado procedemento.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

INFORMACIÓN XERAL

 Curso escolar 2023-2024

ORDE DO 10 DE MAIO DO 2023

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os ANEXOS I E ANEXO II  da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

A recollida dos vales para adquirir libros de texto en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar o alumnado de Educación Primaria será os días 3 e 4 de xullo de 2023.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN ALUMNADO 23-24

TODAS as solicitudes presentadas no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla para o proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2023/2024 atópanse en estado de ADMITIDAS provisionalmente.

Ilustración de Icono De Línea De Color Acuerdo Contrato Y Oferta Propuesta  De Ilustración Vectorial Lineal Firma De Esquema De Solicitud De Color Para  Propuesta Con Lápiz Y Marca De Verificación y

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23/24

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

 

DEBE FACER A SOLICITUDE:

- Alumnado de nova incorporación ao centro (4º curso de Infantil- nados no ano 2020).

- Alumnado que cambie de centro o vindeiro curso.

 

PRAZO: 

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

DOCUMENTACIÓN:

- Cubrir de xeito manual ou de xeito informático o modelo ED 550B-G Anexo II. Tamén pode presentarse a través da sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Aportar a seguinte documentación.

 

NORMATIVA REGULADORA:

-https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

Documento De Lista De Comprobación En Un Vector De Portátil Y Escritorio De  Trabajo Computadora De Dibujos Animados Con Marcas De Ilustración del  Vector - Ilustración de ciberespacio, cuaderno: 196958373

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Comeza o proceso para a reserva de praza no IES de Monterroso, por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado neste curso 2022-2023 no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.

Oprazo de presentación das solicitudes será do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o ANEXO I en papel, ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ .

Dita solicitude deberá presentarse no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla ou a través da Sede Electrónica. Neste último caso precisarase dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital para poder asinala.

No seguinte enlace podedes consultar a normativa de aplicación e outra información relacionada co citado procedemento.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Caricaturista Llenando Un Formulario De Cuestionario De Encuesta Con Lápiz  Gigante Ilustración del Vector - Ilustración de muestra, relleno: 192507559

 

 

VALES ADICIONAIS PARA MATERIAL ESCOLAR

 

Segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022, ampliouse a axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ (que foron entregados no mes de xullo) recibirán un vale adicional de 25€.

Os beneficiarios podedes pasar a recoller os VALES na secretaría do centro durante o mes de outubro no seguinte horario.

Luns e martes: 13:40-14:30            Chico 3d: Animación con cheque gigante — Foto de Stock

Mércores:10:25-11:20

Xoves: 09:30-10:25

Venres: 11:20-12:15

 

COMEZO CURSO 22-23

Benvid@s ao curso 22-23!

As clases comezarán o vindeiro 9 de setembro en horario de 9:30 a 14:30 e o servizo de comedor será de 14:30 a 15:15 horas.

 

Os horarios e datas das reunións coas familias son as seguintes:


- 4º, 5º e 6º de INFANTIL: 6 de setembro ás 11 horas.

- 1º de PRIMARIA: 7 setembro ás 13 horas.

- 2º e 3º de PRIMARIA: 7 de setembro ás 12 horas.

- 4º E 5º de PRIMARIA: 7 de setembro ás 13 horas.

- 6º de PRIMARIA: 7 de setembro ás 13 horas.

(As reunións serán nas aulas do nivel correspondente)

Reunión de padres con el maestro en el aula. | Vector Premium

 

Distribuir contido


by Dr. Radut