Skip to Content

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Comeza o proceso para a reserva de praza no IES de Monterroso, por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado neste curso 2023-2024 no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.

O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o ANEXO I en papel, ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ .

Dita solicitude deberá presentarse no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla ou a través da Sede Electrónica. Neste último caso precisarase dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital para poder asinala.

No seguinte enlace podedes consultar a normativa de aplicación e outra información relacionada co citado procedemento.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

 



page | by Dr. Radut