Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Deixamos o listado dos libros de texto para o curso 2021-2022.

DISTRIBUCIÓN GRATUITA DE MÁSCARAS

 

ONTE DÍA 13 DE NOVEMBRO NA PÁXINA DA XUNTA PUBLICOUSE A ORDE DO 06 DE NOVEMBRO DE 2020 QUE REGULA A REPARTICIÓN GRATUITA DE MÁSCARAS PARA OS ALUMNOS DE PRIMARIA (código de procedemento ED330E).

O alumnado destinatario e aquel matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar ou que non fose por diferentes circunstancias pero:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€

- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar

 

 

NOVO HORARIO

Estimadas familias:

Recordámosvos que o horario a partir de mañá 1 de outubro será:

- De 9:30 a 14:30 (horario de clases lectivas)

- De 14:30 a 15:30 (horario de comedor)

 

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

                    Estimadas familias:

 

Recordámosvos que mañá 10 de setembro comeza o curso para o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria ás 9:30 horas. O venres comezarán 6º de Ed. Infantil e 4º,5º e 6º de Ed. Primaria tamén ás 9:30 horas, polo que xa estaremos todos.

O horario deste mes de setembro ao igual ca o de xuño (como en anos anteriores) é de 9:30 a 15:15 horas para o alumnado que faga uso do servizo de comedor. Aqueles alumnos/as que vaian comer á casa, sairán ás 14:30 horas.

 

Así mesmo, o alumnado que é transportado empregará tanto para entradas como para saídas a porta lateral (Carretera de Vilaboa) e o alumnado que acode ao centro ou é recollido por un familiar usará para entrar e saír a porta principal.

Os/as nenos/as que fagan uso do servizo de madrugadores entrarán polo corredor lateral que dá acceso á Escola Infantil.

Non esquezades traer a máscara xa posta, e no centro entregarémosvos outra coa que vos agasalla o Concello

 

Agardámosvos con moita ilusión desexando un bo curso para todos/as.

 

 

DATA E COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020/2021

SEGÚN RESOLUCIÓN DE 1 DE SETEMBRO DE 2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, A INCORPORACIÓN DO ALUNNADO ÁS AULAS SERÁ DA MANEIRA QUE SEGUE:

DÍA 10 DE SETEMBRO: 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL E O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º CURSO DE PRIMARIA.

DÍA 11 DE SETEMBRO: 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E O E ALUMNADO DE  4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

REALIZARANSE REUNIÓNS PRESENCIAIS PREVIAS AO COMEZO QUE SERÁN CONVOCADAS POLAS RESPECTIVAS TITORAS VÍA TELEFÓNICA OU ABALARMOBIL.

RECOLLIDA DE VALES

 

AS FAMILIAS QUE FIXÉSTEDES A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º DE PRIMARIA OU PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PODEDES PASAR POLO CENTRO A RECOLLELOS.

 


 

 


 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

INFORMACIÓN XERAL

 Curso escolar 2020-2021

ORDE DO 12 DE MAIO DE 2020

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os anexo I e anexo II da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

Lembrade manter as distancias de seguridade cando acudades ao centro.

   

SOLICITUDE AXUDAS ALUMNADO BENEFICIARIO DO COMEDOR ESCOLAR.

As familias que non lles sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), deberán poñerse en contacto co centro  a través de medios electrónicos ou telefónicos. 

o horario de atención será de 10:00 a 14:00.

 

SOLICITUDE AXUDAS ALUMNADO BENEFICIARIO DO COMEDOR ESCOLAR.
Distribuir contido


by Dr. Radut