Skip to Content

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

                    Estimadas familias:

 

Recordámosvos que mañá 10 de setembro comeza o curso para o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria ás 9:30 horas. O venres comezarán 6º de Ed. Infantil e 4º,5º e 6º de Ed. Primaria tamén ás 9:30 horas, polo que xa estaremos todos.

O horario deste mes de setembro ao igual ca o de xuño (como en anos anteriores) é de 9:30 a 15:15 horas para o alumnado que faga uso do servizo de comedor. Aqueles alumnos/as que vaian comer á casa, sairán ás 14:30 horas.

 

Así mesmo, o alumnado que é transportado empregará tanto para entradas como para saídas a porta lateral (Carretera de Vilaboa) e o alumnado que acode ao centro ou é recollido por un familiar usará para entrar e saír a porta principal.

Os/as nenos/as que fagan uso do servizo de madrugadores entrarán polo corredor lateral que dá acceso á Escola Infantil.

Non esquezades traer a máscara xa posta, e no centro entregarémosvos outra coa que vos agasalla o Concello

 

Agardámosvos con moita ilusión desexando un bo curso para todos/as.

 

 



story | by Dr. Radut