Skip to Content

Complementarias

EMOTIONANTAS RUN

Imos rematando o curso, e quixemos facelo cunha explosión de cores e sorrisos con esta carreira á que chamamos EMOTIONANTAS RUN.

Despois, tocou repoñer forzas cun aperitivo, acompañados das familias e a música de DJ_MO.

Grazas á ANPA pola súa colaboración, a Marcos Ouro por acompañarnos e, por suposto, ao alumnado e ás familias por facelo todo tan ben e tan fácil.

GALERÍA

 

CASA DO MAIOR

Fermosa experiencia interxeracional entre @s máis peques do cole, e as persoas que conforman a familia da Casa do Maior do noso concello.

Que marabilla de encontro!

SAÍDA LUGO-AVIFAUNA

QUE BEN O PASAMOS!

Hoxe, foi un día marabilloso! Todo o cole, fixemos unha saída na que desfrutamos da nosa querida cidade de Lugo, e tamén aprendemos unha morea de cousas sobre as aves en AVIFAUNA (visita financiada pola Deputación de Lugo).

Un día inesquecible de convivencia e compañeirismo. Grazas familias, pola vosa boa disposición e confianza.

GALERÍA DE IMAXES

MÚSICA DE RAÍZ.

O noso centro, foi seleccionado pola Deputación de Lugo, para participar nas xornadas de "Preservación da Música de Raíz", que promove e divulga a FUNDACIÓN LEGAR. Grazas pola visita, porque o pasamos xenial!!

GALERÍA

CONCERTO DA TRADESCOLA.

A Tradescola realizará o vindeiro venres unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 19 de maio achegarase ata o noso cole, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Este concerto, forma parte do premio do IX CERTAME DE DEBUXO PARA ESCOLARES SOBRE OS INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL “A ZANFONA”, que gañou a nosa querida Irea, alumna de segundo curso de primaria.

E que viva a música!!!

GALERÍA DE IMAXES.

FALEMOS EN GALEGO!!!

Aquí vos deixamos o vídeo FALEMOS EN GALEGO!!! que fixemos o alumnado do cole, coordinado polo departamento de normalización, para conmemorar as LETRAS GALEGAS 2023.

 

KAHOOT!

DINAMIZANDO A NOSA LINGUA DE XEITO COOPERATIVO!

O alumnado de 6º de primaria realizou un KAHOOT no que interactuamos cos nos@s compis do CEIP PLURILINGüE DE PALAS DE REI, aprendendo un montón de cousas do homenaxeado das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego.

VOZ NATURA

Seguimos construíndo bonitos recunchos arredor do cole dentro do PLAN VOZ NATURA.

GALERÍA

EXCURSIÓN A MADRID

No mes de abril tivemos a sorte de visitar Madrid, onde gozamos cunha chea de actividades lúdicas e culturais.

Foron moitas horas de convivencia entre o alumnado de tódolos cursos de Primaria e os mestres e resultou ser unha experiencia única e inolvidable.

Agradecemos moito a colaboración e iniciativa do Concello para poder levar a cabo esta excursión.

 

PALITROQUES

COMO NOS DIVERTIMOS HOXE COS PALITROQUES. FOI XENIAL PODER APROVEITAR ESTA ACTIVIDADE, ENMARCADA NA FORMACIÓN EN DINAMIZACIÓN DE PATIOS ESCOLARES. PREMEDE NA PALABRA DESTACADA PARA PODER ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES.

20230509_174350.jpg

 

Distribuir contido


by Dr. Radut