Skip to Content

50 ANIVERSARIO

O pasado venres 16 de decembro celebramos o 50 aniversario do noso colexio.

IMG-20221216-WA0037.jpg

Foi un día moi emotivo e cheo de bonitos reencontros.

Moitísimas grazas a todo o alumnado, familias e representantes das diferentes institucións pola súa participación nese día.

 

Especialmente agradecemos á Escola-Banda de Antas de Ulla por amenizarnos cunha agradable actuación musical e colaborar sempre que o solicitamos.

 

Ao Concello polos aperitivos e por axudarnos a manter as instalacións en boas condicións cada día.

 

E á Deputación de Lugo pola aportación do grupo de música tradicional "Agarimo" e pola elaboración do Documental que podedes ver no seguinte enlace.

https://drive.google.com/file/d/1r_YOqZxhpPQmu8OfrKX_PaoCFQPUI3SK/view?usp=sharing

 

Na galería podedes ver máis vídeos e fotos dese día.

 

Grazas a todos os asistentes por acompañarnos nese día!



page | by Dr. Radut