Novas
RECORDATORIO TELÉFONO COVID DO CENTRO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 12/01/2022 - 11:11amCOORDINADORA COVID: 679462703
Información novas medidas Covid-19
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 12/01/2022 - 8:43amPara coñecemento de toda a comunidade educativa achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de onte o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:
- Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.
- Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0
- Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos
Moitas grazas pola súa colaboración.
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES DE AMES) PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 11/01/2022 - 11:09am
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
· Galego
· Castelán
REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 24/11/2021 - 12:27pmUnha vez realizadas as votacións para elixir os representantes de nais e pais que pasan a formar parte do Consello escolar deste centro, a Xunta electoral na súa reunión do 23 de novembro declara como representantes que pasan a formar parte deste órgano a:
Dª Otilia Güimil Vigo
D. Rubén Plaza Lavandeira.
En Bertamiráns, 24 de novembro de 2021
A Presidenta da Xunta Electoral
Mª Isabel Abelleira Bardanca
AXUDAS PARA MASCARILLAS CURSO 21_22
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 17/11/2021 - 8:46amA Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de secretaría.
Alumnado destinatario:
- Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)
Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:
RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 16/11/2021 - 10:27am
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.-OTILIA GÜIMIL VIGO
2.-RUBÉN PLAZA LAVANDEIRA
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA.
As votacións no sector pais/nais serán o 22 de novembro de 2021 no seguinte horario:
- de 9:15 a 10:15 horas
- de 13:15 a 14:15 horas
- de 16:30 a 18:30 horas
O que se fai público para xeral coñecemento.
Bertamiráns, 16 de novembro de 2021
A DIRECTORA DO CENTRO E
PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca
MODELO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NAIS/PAIS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 03/11/2021 - 12:03pm0 prazo de presentación de candidaturas será do 04 ao 11 de Novembro (ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. a súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:15 h a 13:30 h.; o luns 8 poderanse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h.; ou remitila por correo electrónico:ceip.a.maia@edu.xunta.gal
Material escolar na aula
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 29/10/2021 - 10:43amEstimadas nais, pais, familias,
Queremos comunicarvos que por acordo unánime do claustro de profesorado, na sesión ordinaria celebrada o luns 25 de outubro, despois de analizada a evolución positiva da situación sanitaria derivada da COVID19, tomamos a decisión de relaxar unha das medidas adoptadas a principio de curso relacionada co material escolar das vosas fillas e fillos.
A decisión é que a partir do vindeiro martes 2 de novembro de 2021 o alumnado poderá deixar o material escolar na aula, no propio pupitre ou noutro lugar diferenciado, como casilleiros ou mobles. O alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes e na medida do posible todo rotulado co seu nome. Nas perchas o material ou roupa colocárase do xeito mais individualizado posible.
Aínda así, cando se use material susceptible de ser compartido lembraráselle ao alumnado a necesidade e importancia da hixiene de mans antes e despois de usar o material.
SAMAÍN E MAGOSTO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 27/10/2021 - 2:56pmEstimadas familias,
con motivo da conmemoración do Samaín e do Magosto, e enmarcadas na “nova normalidade, desde o centro temos previstas as seguintes actividades:
- Exposición de cabazas nos corredores dos dous edificios, do 25 ao 29 de outubro. Subiranse fotografías á web para que as poidades ver nas casas.
- Contacontos virtual con Charo Pita, o venres 29 de outubro.
- Obradoiro de xogos tradicionais do Magosto, o venres 12 de novembro. Todas as actividades realizaranse en espazos exteriores cubertos e realízanse respectando os protocolos e medidas de seguridade e hixiene establecidas.
Lamentándoo moito, nesta ocasión os vosos fillos e fillas non poderán vir disfrazados, nin maquillados; a razón fundamental é por motivos hixiénico – sanitarios, xa que, si ben é certo que a situación está estable en canto á COVID 19 e non hai contaxios no centro; somos conscientes de que unha situación festiva poder facer que vire a situación.
Queremos que entendades o difícil que resulta que nenas e nenos que pasan cinco horas xuntos non queiran probarse os complementos que poida traer outra/o compañeira/o, e que perrucas, sombreiros, e outros complementos non acaben polo chan e pasando por varias mans.
Ademais, tede en conta que unha porcentaxe do noso alumnado está padecendo xa os efectos dos cambios de temperatura tan drásticos que temos estes días (frío intenso polas mañás e temperaturas propias do verán a media mañá), polo que teñen moito moco e flemas e isto, xunto con mascarillas e maquillaxes, non é boa mestura. Sabemos tamén que está irrompendo con forza un virus causante de gastroenterites, polo que todo nos indica que tomemos o camiño da prudencia e da prevención e polo tanto, disfraces, complementos, vestimentas, adobíos varios, maquillaxes, … de momento non.
Sabemos que podedes entender a nosa postura de prudencia e por suposto que na procura desa ansiada “nova normalidade” nos vemos limitados para seguir celebrando as conmemoracións como en cursos pre pandemia.
Grazas pola vosa comprensión e colaboración.
EQUIPO COVID DO CENTRO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 15/09/2021 - 12:11pm679462703 Isabel (Coordinadora Equipo COVID)
689672822 Marisú ( COVID Educación Infantil)
628272570 Maite ( COVID Educación Primaria)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »