Saltar navegación.
Inicio

SAMAÍN E MAGOSTO

Estimadas familias,

con motivo da conmemoración do Samaín e do Magosto, e enmarcadas na “nova normalidade, desde o centro temos previstas as seguintes actividades:

  1. Exposición de cabazas nos corredores dos dous edificios, do 25 ao 29 de outubro. Subiranse fotografías á web para que as poidades ver nas casas.
  2. Contacontos virtual con Charo Pita, o venres 29 de outubro.
  3. Obradoiro de xogos tradicionais do Magosto, o venres 12 de novembro. Todas as actividades realizaranse en espazos exteriores cubertos e realízanse respectando os protocolos e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

Lamentándoo moito, nesta ocasión os vosos fillos e fillas non poderán vir disfrazados, nin maquillados; a razón fundamental é por motivos hixiénico – sanitarios, xa que, si ben é certo  que a situación está estable en canto á COVID 19 e  non hai contaxios no centro; somos conscientes de que unha situación festiva poder facer que vire a situación.

Queremos que entendades o difícil que resulta que nenas e nenos que pasan cinco horas xuntos non queiran probarse os complementos que poida traer outra/o compañeira/o, e que perrucas, sombreiros, e outros complementos non acaben polo chan e pasando por varias mans.

Ademais, tede en conta  que unha porcentaxe  do noso alumnado está padecendo xa  os efectos dos cambios de temperatura tan drásticos que temos estes días (frío intenso polas mañás e temperaturas propias do verán a media mañá), polo que teñen moito moco e flemas e isto, xunto con mascarillas e maquillaxes, non é boa mestura. Sabemos tamén que está irrompendo con forza un virus causante de gastroenterites, polo que todo nos indica que tomemos o camiño da prudencia e da prevención e polo tanto, disfraces, complementos, vestimentas, adobíos varios, maquillaxes, … de momento non.

Sabemos que podedes entender a nosa postura de prudencia e por suposto que  na procura desa ansiada “nova normalidade” nos vemos limitados para seguir celebrando as conmemoracións como en cursos pre pandemia.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.