Consello escolar
REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 24/11/2021 - 12:27pmUnha vez realizadas as votacións para elixir os representantes de nais e pais que pasan a formar parte do Consello escolar deste centro, a Xunta electoral na súa reunión do 23 de novembro declara como representantes que pasan a formar parte deste órgano a:
Dª Otilia Güimil Vigo
D. Rubén Plaza Lavandeira.
En Bertamiráns, 24 de novembro de 2021
A Presidenta da Xunta Electoral
Mª Isabel Abelleira Bardanca
CIRCULAR INFORMATIVA: ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 19/11/2021 - 12:37pmDe acordo coa Convocatoria do día 3 do mes en curso, o vindeiro día 22 de novembro, en horario:
vde 9:15 a 10:15 horas
vde 13:15 a 14:15 horas
vde 16:30 a 18:30 horas
celebrarase na sala de reunións do edificio de educación primaria deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
1º.- Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
2º.- Modo de emitir o voto.
a) O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
Bertamiráns, 18 de novembro de 2021
A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL
Asdo: Mª Isabel Abelleira Bardanca
RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 16/11/2021 - 10:27am
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.-OTILIA GÜIMIL VIGO
2.-RUBÉN PLAZA LAVANDEIRA
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA.
As votacións no sector pais/nais serán o 22 de novembro de 2021 no seguinte horario:
- de 9:15 a 10:15 horas
- de 13:15 a 14:15 horas
- de 16:30 a 18:30 horas
O que se fai público para xeral coñecemento.
Bertamiráns, 16 de novembro de 2021
A DIRECTORA DO CENTRO E
PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca
MODELO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NAIS/PAIS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 03/11/2021 - 12:03pm0 prazo de presentación de candidaturas será do 04 ao 11 de Novembro (ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. a súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:15 h a 13:30 h.; o luns 8 poderanse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h.; ou remitila por correo electrónico:ceip.a.maia@edu.xunta.gal
CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 03/11/2021 - 11:50amELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021 (No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 03/11/2021 - 10:30am
Estimadas nais, pais, familias
Cada dous anos procédese á renovación parcial dos membros dos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto
- Sorteo dos membros titulares e suplentes da xunta electoral.
- Celebrado o 27 de outubro ás 11:40 horas na secretaría do centro.
- Calendario electoral.
- Datas importantes:
- Do 4 ao 11 de novembro, de 9:15 h a 13:30 h. O luns 8 poderánse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.
- Do 15 ao 21 de novembro --> campaña electoral.
- 22 de novembro --> votacións.
- Compoñentes do consello escolar no noso centro:
- Membros natos:
- 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
- Membros elixibles:
- 5 representantes do profesorado.
- A renovar 3 nesta convocatoria
- 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
- A renovar 2 nesta convocatoria.
- 1 representante do persoal de administración e servizos.
- Non se renova nesta convocatoria.
- Membros designados:
- 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
- 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.
Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o consello escolar é o órgano de maior representación.
CIRCULAR INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS
MODELO PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Normativa que regula o proceso: