Saltar navegación.
Inicio

RECORDATORIO SOBRE ENTRADAS E SAÍDAS

 

Estimadas nais, pais, titores legais, familias,

O vindeiro luns 25 o alumnado de 4º de educación infantil iniciará a xornada lectiva en horario completo, porén e para evitar aglomeracións e atascos innecesarios facémosvos unha serie de recomendacións:

·         O alumnado que ten concedido o servizo de transporte escolar deben estar puntuais na parada asignada, onde serán recollidos polas acompañantes de transporte para axudalos a subir ao autobús. Os pais, nais, titores, familiares, etc., non poden acceder ao interior do autobús.
·         O alumnado usuario do servizo Bos Días, será entregado no centro polas monitoras do servizo.
·         Ao  alumnado que vén coa súa familia e/ou responsables directamente ao centro, prégaselle puntualidade. A puntualidade é un valor formativo que hai que traballar día a día.
·         O alumnado pode acceder directamente á zona de espera (porche) pero as familias esperarán no inicio da rampla ata que soe o timbre de entrada.
·          Os familiares e/ou responsables  do alumnado non poderán acceder ao aulario de Educación Infantil salvo por autorización expresa dun mestre ou mestra.
·         A saída será uns minutos antes de que soe o timbre, e na zona asignada a cada grupo na zona do porche.  
·         En caso de que teñan que a recoller os vosos fillos antes do remate das clases, terán que avisar ao titor/a e asinar no libro de rexistro de saídas durante o horario lectivo.
·         O portalón de entrada debe estar despexado para que o alumnado poida acceder ao centro sen dificultade, este abrirase no momento no que chegue o primeiro autobús (8:50h.) para permitir o acceso do alumnado. Antes desa hora non se pode acceder ao centro.
·         Por último lembren que tanto no paso de peóns coma na dársena está prohibido estacionar, é necesario que permanezan  libres estas zonas  para que circulen con fluidez os autobuses e tamén para minimizar o risco de posibles accidentes. No paso de peóns atendan ás indicacións da patrulla escolar.

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

 

Setembro 2017

 

 

A Dirección

HORARIOS DE RECOLLIDA NAS PARADAS DE AUTOBUSES

BUS nº 1

 

BUS nº 2

BUS nº 3

BUS nº 4

BUS nº 5

BUS nº 6

 

Aldea Nova→  08:45h

 

Porto → 08:50 h

 

Paseo Fluvial → 08:48h

 

 

Cortes→ 08:35h

 

A Condomiña→ 08:40 h

 

Tarroeira→ 08:45

 

Praza da Maía →08:50 h

 

 

Pedregal →08:45 h

 

Panadería Xallas  →08:50 h

 

 

Praza da Maía→ 08:40 h

 

Panadería Xallas → 08:45 h

 

 

Centro Médico→ 08: 45 h

 

Gadis →08:50 h

 

REUNIÓNS DE TITORÍA DE INICIO DE CURSO

As primeiras reunións de titoría coas familias serán nas seguintes datas:

 

DÍA

HORA

CURSOS

ETAPA

LUGAR DE REUNIÓN

19 de setembro

17:00

Infantil

AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo

A:4

B:1

C:7

19 de setembro

17:00

Infantil

AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo

A: 3

B: 6

C:8

4 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 1

B: 4

C: 2

4 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 3

B: 5

C: 6

3 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 7

B: 9

C: 10

3 de outubro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 17

B: 18

C: 19

14 de setembro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Biblioteca

26 de setembro

16:30

Primaria

EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo

A: 16

B: 15

C: 13

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º e 6º DE INFANTIL

Aviso de reunión:

Quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º e 6º de infantil para unha reunión informativa coa titora ou titor correspondente. Ten por obxectivo clarificar diferentes aspectos relacionados co curso 2017-18. Moitas grazas.

Data: 19 de setembro (martes)

Hora: 17:00 h.

Lugar: nas aulas de cada alumno/a

 

O Equipo de Ed. Infantil.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Aviso de reunión:

quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º curso de educación primaria para unha xuntanza co profesorado titor dos seus fillos/as.

Data: 14 de setembro (xoves)

Hora: 16:30 h.

Lugar: Biblioteca do centro

Daráselles información sobre o proxecto E_Dixgal e o seu funcionamento nas aulas, así como información de interese para iniciar este curso 2017/18.

 

O profesorado de 5º de educación primaria.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O 1º DÍA DE COLEXIO (11/09/2017)

Achéganse  normas para organización de entradas no centro.

AVISO IMPORTANTE: RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS/AS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA AO REMATE DO HORARIO LECTIVO E SOBRE A RECOLLIDA DELES NAS PARADAS ESTABLECIDAS NO TRANSPORTE ESCOLAR.

Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

1º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

  • O alumnado será recollido nas instalacións do centro educativo polas persoas identificadas como responsables no horario fixado.
  • Poderase autorizar formal e expresamente a outra persoa adulta ou a un irmán/á que curse 5º, 6º Educación Primaria ou ESO a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregando no centro de ensino.
  • No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentenza xudicial, convenio regulador ou acordo provisional que terán que presentar no colexio.
  • O alumnado permanecerá custodiado no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial, a partir do horario de recollida fixado. Os responsables da recollida dos nenos/as terán obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir, de non contactar con eles nun período inferior a 30 minutos, remitirase á Policía Local ou Garda Civil.
  • En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas,agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan o alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

  • O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.
  • Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.
  • Os autobuses esperarán nas paradas como máximo 5 minutos, tras do cal continuarán co seu itinerario levando consigo aos escolares non recollidos.
  • No supostos de escolares non recollidos nas paradas, os acompañantes chamarán aos teléfonos facilitados polas familias para que acudan as seguintes paradas de ruta ou nas dependencias das empresas.

 

2º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

  • Os escolares poderán saír no horario previsto, sós do colexio, sempre que os seus pais, nais ou titores legais, presenten ante a Dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo a Consellería de calquera responsabilidade, por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

  • Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

 

Atentamente,

 

A directora

 

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES ATOPAR OS MODELOS DE AUTORIZACIÓNS PARA CUMPLIMENTAR E ENTREGAR OBRIGATORIAMENTE NO CENTRO

LISTAXES DE MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO

Os beneficiarios do fondo de libros para 3º e 4º de educación primaria poden pasar a recollelos no centro o mércores, xoves e venres de 10:00h a 14:00h.

 

 

AVISO DE REUNIÓN DO ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS

AVISO DE REUNIÓN:

O mércores día 6 de setembro ás 17.00 terá lugar a reunión cos pais e nais dos alumnos de 4º de infantil na aula de cada titora.

As listaxes das aulas estarán expostas na porta de entrada do edificio de infantil.

Por favor, pregamos puntualidade e non acudir cos seus fillos/as para optimizar o tempo e a efectividade da reunión.

As/os titoras/es

 

Distribuir contido