INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende este enlace podedes acceder á información que pon á nosa disposición a Consellería de Sanidade  sobre o COVID-19.

A que determina as medidas é a Consellería de Sanidade, non a de Educación, nin o centro educativo.

Obradoiro de Eco Percussion

Obradoiro de Percusión

Recentemente o grupo Eco Percussión ofreceunos a posibilidade de facer un obradoiro de percusión no colexio. Como os alumnos e alumnas de 5º nivel estabamos coñecendo este trimestre a familia de percusión a través dos instrumentos nas distintas culturas, seguindo o libro dixital da editorial Netex, pensamos que o taller que nos propoñían era ideal para complementar o que estabamos a aprender. Así, como estudamos, vimos e coñecemos a batucada en Brasil, e os folións ou fulións en Viana do Bolo, Manzaneda e Trives como manifestacións típicas do Entroido, pensamos que que mellor que completar isto cunha práctica de percusión no Entroido. Por iso pedimos aos músicos de Eco Percussión que o taller se desenvolvera durante a semana na que se celebraba o Entroido no colexio.

Así os días xoves 20 e venres 21, Edgar e Didier trouxeron todo o material que iamos necesitar. Cada grupo tivo a súa clase correspondente. Todos moi atentos pero partícipes, atendíamos ás indicacións do percusionista que nos dirixía. Practicamos ata que conseguimos que o que nos propoñía Edgar nos saíra ben. Tamén na clase de música, fixemos un pequeno ensaio da exhibición que faríamos no patio do colexio para o resto dos compañeiros e compañeiras dos distintos cursos do colexio.  

O venres 21 celebrabamos o Entroido no noso colexio e, xa disfrazados todos, saímos ao patio e xunto con Mercedes, que tamén quixo participar con nós, fixemos unha breve actuación para os nosos compañeiros/as para así ter a nosa propia batucada, charanga ou folión, como se queira entender. O asunto é que aprendemos moito, nos divertimos e o pasamos xenial. Grazas a Eco Percussión por esta experiencia que agardamos se poida repetir!

ADMISIÓN 2020/21

Ábrese o prazo de solicitude correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2020/21 no noso centro e que actualmente non está matriculado nel, nin nas escolas adscritas.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo de 2020.

As familias poderán solicitar a admisión de xeito presencial, entregando a documentación na Secretaría do centro ou de forma electrónica https://edu.xunta.es/admisiónalumnado  neste último, deben rexistrar a solicitude e acompañala con copias da documentación.

Documentación

Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación desta solicitude para poder aplicar o baremo correspondente, no caso de haber máis solicitudes que prazas, e para valorar se teñen dereito lexítimo aos servizos complementarios, no caso de solicitalos.

 • Impresos de solicitude (Anexo II)

• DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

• Libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.

 • Tarxeta sanitaria.

• Folla de empadroamento de toda a unidade familiar

• Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

• Carné ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.

• Xustificante de concorrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns. De toda a documentación relacionada, (salvo folla empadroamento),

DEBERÁN TRAER AS FOTOCOPIAS FEITAS, xunto aos documentos orixinais, para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

ROSALÍA TAMÉN VIAXA EN AUTOBÚS ESCOLAR

Dende hoxe, Rosalía de Castro tamén viaxa nos autobuses da empresa Rías Baixas que nos presta o servizo de transporte escolar no centro. Por proposta de dous alumnos, Mariña e Cibrán, a empresa Rías Baixas súmase á conmemoración anual que se fai dende os centros de ensino e o Servizo de Normalización  Lingüística do Concello.

Cada autobús que fai a ruta no CEIP A MAÍA leva un cartel con poemas de Rosalía escritos e ilustrados polo noso alumnado.

 

 

  

 

ENTROIDO 2020

Estimadas nais, pais, familias:

O próximo luns 17 iniciamos a semana do Entroido e continuaremos na aliña dos cursos pasados; o Entroido celébrase no centro con actividades “por e para” o noso alumnado. Dende a escola queremos e debemos potenciar a súa creatividade e permitir que cada quen veña disfrazado do que queira, porque a creatividade desenvólvese, basicamente, coa práctica. Porén non é necesario que se merquen disfraces elaborados, senón facilitarlle telas, perrucas e adobíos: colares, panos, cintos, roupa vella, etc. é suficiente para que cadaquén compoña o seu propio e persoal disfrace.

As actividades que temos organizadas nesa semana son as seguintes:

·         Dende o 17 ao 20:

o    Mandadiños do Meco en Ed. Infantil e Ed. Primaria: O alumnado que o desexe  terá que atender aos mandados do Meco para cada un dos días, de luns a xoves:

§  Luns: “Se non te queres manchar, un mandil terás que levar”

§  Martes: “Se no pote non queres acabar, algo na testa debes levar”

§  Mércores: “Non fagas a monada e trae a cara pintada”

§  Xoves: “Levántate da cama e non quites o pixama”

 

·         Venres 21 de febreiro:

o   Photocall: Farase unha montaxe fotográfica con todas as fotografías realizadas e subirase á web do centro.

 

o    Baile de disfraces para alumnado e profesorado. Os disfraces son de temática libre, creativos, respectuosos, que lles fagan sentirse ben e cómodos e consoantes co consumo responsable. Non se poden traer  complementos que fagan alusión á guerra o inciten á violencia tales como: réplicas de armas, pistolas, escopetas, espadas, lanzas, etc., xa que temos comprobado que xeran disputas entre o alumnado e son totalmente contrarios aos valores que transmitimos dende o centro.

Por último, avisar de que a biblioteca do centro permanecerá pechada o venres 21 pola tarde e tamén lembrarvos que os días 24, 25 e 26 de febreiro non serán lectivos. As clases retomaranse  o xoves 27 de febreiro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Vén a coñecer o noso centro e o proxecto educativo

 

2 de marzo de 2020 a partir das 16:30h.

 

Reserva a túa visita no  881 866 004

 

 

Reserva de praza no IES para o curso 2020/2021

Solicitude de Reserva

 Aberto do 1 ao 17 de Febreiro

 
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado, donde se recolla a sinatura das persoas que autorizan ou non a consulta de datos interoperables. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Proxecto Salvavidas: Espazo cardioprotexido

 

 

Estimadas nais, pais, familias

Dende a ANPA e o centro estamos a promover unha campaña solidaria para que o noso centro sexa un "espazo cardioprotexido" coa intalación de un desfibrilador. Esta iniciativa enmárcase dentro do Proxecto Salvavidas.

Para conseguilo pedimos a vosa colaboración mercando a pulseira solidaria coa que se pretende financiar o proxecto.

 

Para adquirilas é moi doado, todas as tardes haberá un membro da ANPA no centro, ou tamén dirixíndovos a calquera membro da directiva da ANPA.

 

Moitísimas grazas pola vosa xenerosa colaboración.

 

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h mañá xoves día 16

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 16.01.2020 ás 06.00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña e a Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIORnos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Nova Plataforma Lingua Inglesa 1º e 2º EP (26/03/2020)

Benqueridas familias de 1º e 2º de Primaria:

Para poder usar dun xeito eficiente a nova plataforma Google Classroom que preparou o teacher de Inglés seguiremos estas pautas:

1.- Comprobade en Abalar Móbil unha mensaxe con instrucións detalladas de como ingresar.

Se non vos chegou a mensaxe ou tedes dúbidas, remitídellas ao docente por medio da axenda do alumnado ou por email a OTEACHERPABLO (@) GMAIL.COM.

Grazas e desculpade polos cambios: o covid-19 precisa adaptabilidade por parte de todos.

Distribuir contido