Ábrese o prazo de solicitude correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2020/21 no noso centro e que actualmente non está matriculado nel, nin nas escolas adscritas.
O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo de 2020.
As familias poderán solicitar a admisión de xeito presencial, entregando a documentación na Secretaría do centro ou de forma electrónica https://edu.xunta.es/admisiónalumnado neste último, deben rexistrar a solicitude e acompañala con copias da documentación.
Documentación
Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación desta solicitude para poder aplicar o baremo correspondente, no caso de haber máis solicitudes que prazas, e para valorar se teñen dereito lexítimo aos servizos complementarios, no caso de solicitalos.
• Impresos de solicitude (Anexo II)
• DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
• Libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.
• Tarxeta sanitaria.
• Folla de empadroamento de toda a unidade familiar
• Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
• Carné ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.
• Xustificante de concorrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns. De toda a documentación relacionada, (salvo folla empadroamento),
DEBERÁN TRAER AS FOTOCOPIAS FEITAS, xunto aos documentos orixinais, para poder proceder ao cotexo dos mesmos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G.pdf | 1.13 MB |
ED550B-C.pdf | 1.13 MB |
SÍNTESE DO PROXECTO EDUCATIVO DO CEIP A MAÍA.pdf | 332.98 KB |
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2020.pdf | 215.74 KB |