blogue deA Maía
Ata sempre compañeiros!
Enviado por A Maía o Xov, 06/07/2017 - 3:05pmDespedimos ao rematar xuño aos nosos COMPAÑEIROS: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música). Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos. Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.
Para Paco remata agora a súa vida profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que, desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade, respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!
A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.
Moitas grazas por acompañarnos!
Presentación do libro "Os fíos de infantil" de Ángeles e Isabel Abelleira
Enviado por A Maía o Mér, 28/06/2017 - 12:50amHoxe, no MUPEGA, presentouse o libro "OS FÍOS DE INFANTIL" de Ángeles e Isabel Abelleira. O ano pasado o libro, que reflexa o seu traballo nas aulas recollido no blog "INNOVARTE" (un referente na educación infantil galega), foi recoñecido co prestixioso premio Marta Mata, entregado pola Asociación de Maestros Rosa Sensat de Cataluña "por iniciativas e traxectorias que melloran o labor pedagóxico en España". Despois de ser editado en catalán, agora a Editorial Galaxia, co apoio da Xunta de Galicia, publicou esta obra en galego que foi presentada polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez nun acto ao que asistiron familia, compañeiros e amigos de Ángeles e Isabel.
Máis información na páxina da Consellería premendo AQUÍ
Paco Nogueiras con infantil na Maía
Enviado por A Maía o Lun, 26/06/2017 - 10:48pm
Os pequenos de infantil, antes de comezar as vacacións, puderon disfrutar da actuación de Paco Nogueiras organizada polo Equipo de Infantil. Aínda que ao inicio estaban algo tímidos, despois cantaron e bailaron sen parar a pesar da calor. Brincavai, O samaín, O antroido move o corpo e En Galego, son as súas cancións preferidas..... Pasámolo xenial! Grazas Paco!
Xogos de fin de curso
Enviado por A Maía o Dom, 25/06/2017 - 10:08pmPara rematar o curso, o equipo de extraescolares do Ceip A Maía coordinado por Mavi, organizou uns xogos con auga e balóns que puxeron a proba a axlidade e destreza dos pequenos e dos maiores. Nesta montaxe están os alumnos de infantil e os de 4º de primaria pasando unha divertida mañán!
Neste video realizado por Paco, están os alumnos de 4º, 5º e 6º pasandoo xenial cos xogos de auga dirixidos por Mavi.
Tedes máis videos tamén nos blogs de infantil.....
E os alumnos de 5º realizaron tamén este obradoiro de percusión:
traballos de relixión
Enviado por A Maía o Ven, 23/06/2017 - 3:47am
|
|
Algúns dos traballos de relixión católica realizados ao longo do curso 2016-2017 polos alumnos de infantil e primaria.
1ºA e 1ºB visitaron Marcelle
Enviado por A Maía o Mér, 21/06/2017 - 11:37pmOs alumnos de 1ºA e de 1ºB fixeron estos debuxos do que máis lles gustou despois da excursión para coñecer o Parque da Natureza de Marcelle.
Neste enlace podedes acceder á información que ten o parque sobre os seus animais: AQUÍ+
Alumnos de 1ºC no Parque da Natureza de Marcelle
Enviado por A Maía o Mér, 21/06/2017 - 1:05amOs alumnos e alumnas de 1º do Ceip A Maía fixeron unha visita cos seus profes ao Parque da Natureza de Marcelle, onde disfrutaron dunha visita guiada. Despois, no colexio, debuxaron os animais que viron.
Concerto de armónica para 6º: por Jorge Bernal
Enviado por A Maía o Mér, 14/06/2017 - 12:04pmConcerto de armónica na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 6º a cargo do profe de Música Jorge Bernal.
Excursión de 4º a Baroña e Axeitos
Enviado por A Maía o Lun, 12/06/2017 - 11:36pmO pasado venres 9 en horario de mañán os alumnos de 4º e os seus profesores visitaron o Castro de Baroña (un asentamento celta da idade de ferro no Concello de Porto do Són ocupado entre os séculos I A.C. e I D.C.) e o Dolmen de Axeitos un monumento megalítico no Concello de Riveira cunha antiguidade de case 7000.
Zulfa Muiño no Campionato de España de Atletismo: Triathlón
Enviado por A Maía o Lun, 12/06/2017 - 11:16pm
Queremos felicitar aquí a unha alumna do colexio, Zulfa Muiño (atleta do clube Millaraio) que este fin de semana, en Valladolid, acadou a terceira posición no Campionato de España de atletismo na categoria infantil de Triathlon (80 metros lisos, xavalina e 2000 m de marcha).
Parabéns Zulfa!
(máis información AQUÍ na páxina da Federación Galega de Atletismo)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »