Buzón de Convivencia: vídeo

 
O equipo de Convivencia quere poñer a disposición de tódalas tutorías o vídeo onde se explica o funcionamento do Buzón de Convivencia que, coma tódolos anos, estará a disposición do alumnado para recoller as súas suxestións, preocupacións ou problemas que lles poidan xurdir ao longo do curso.
 

Reunións 5º e 6º de Infantil

23 Set 2019 16:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias de 5º e 6º de Educación Infantil.

As reunións xerais cos titores serán o luns 23 de setembro ás 16:30h na aula de cada grupo.

Agardamos a vosa presenza para darvos a información do curso e resolver as dúbidas que teñades.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre E-DIXGAL.

  • DATA: Luns 16 de setembro
  • HORA: 16:30
  • LUGAR: Aula de música (1º andar)

 

 

Un cordial saúdo dos titores de 5º

O xardín dos 5 sentidos

Os pequenos de tres anos, ao longo dos últimos trimestres do curso 2018-19, crearon e coidaron un xardín vertical en botellas que se colgaron nas columnas do peche do patio. Os cordeis que as ataban facilitaban o reparto da auga das botellas superiores ás inferiores. Os nenos encheron as botellas de terra e plantaron especies diferentes coas que disfrutaron cos cinco sentidos: comestibles, aromáticas, crasas, con follas interesantes ou con fermosas flores... Ademáis unha clase plantou bulbos de narcisos, fresias, amapolas e iris en botes reciclados e tamén fixeron comedeiros para paxaros empregando cáscaras de laranxas... Ao remate do curso levaron as botellas coas plantas para seguir coidando nelas en casa!

Reunión de 4º de Infantil

9 Set 2019 17:00
Europe/Madrid

Benqueridas familias de 4º de Infantil,

Agardamos a vosa presenza o vindeiro LUNS 9 de setembro ás 17h para que coñezades ás titoras dos 3 grupos de 4º de Infantil (os peques de 3 anos) e comunicarvos informacións varias para este curso 2019/20.

As reunións serán nas aulas do edificio de Infantil. 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

As persoas solicitantes de  Fondo Solidario de libros poden consultar a adxudicación definitiva.

Si o desexan e teñen chave 365 ou certificado dixital poden facer a consulta directamente na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros ,   entrando no apartado "Cidadán" ;  ou chamando aos teléfonos do centro: 881866005 e  881866006.

 

As listaxes NON se publicarán na web do centro. 

 

O libros entregaranse en setembro: o 5 de setembro entregaranse os de 3º e o 6 de setembro entregaranse os de 4º. Terán que retiralos en secretaría o pai, nai ou titor legal posto que teñen que asinar o compromiso de cesión.

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

As persoas solicitantes de  Fondo Solidario de libros, xa poden consultar a adxudicación provisional. Si o desexan poden facer a consulta directamente na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros ,   entrando no apartado "Cidadán"   ou tamén chamando ao teléfono do centro: 881866002.

As listaxes NON se publicarán na web do centro. 

As reclamacións faranse durante os dous días seguintes á publicación (9 de xullo), neste caso durante o 10 e o 11 de xullo.

Traslado provisional da Biblioteca

 Esta semana fixemos a mudanza-traslado da Biblioteca "Agustín Fernández Paz"  a outras ubicacións  no Centro.  Retiramos, libros, mesas, estanteirías... Imos ceder o espazo de alimentar a mente para alimentar o corpo.

  É un TRASLADO PROVISIONAL  mentras se levan a cabo as obras do novo comedor e durante un tempo estaremos un chisco apretados.

 Provisionalmente reubicarémonos na mini-antiga Biblioteca e no espazo acristalado do corredor no primeiro andar. Intentaremos seguir funcionando coma sempre... E cando rematen as obras  VOLVEREMOS!

Concerto de Uxía Lambona e a banda molona!

"Uxía Lambona e a banda molona" entretiveron e fixeron bailar aos nenos do colexio o mércores da derradeira semana do curso. Esta montaxe son uns anaquiños da actuación.

  Este grupo pretende sobre todo divertir os pequenos, achegándolles temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, empregando novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop...) para que coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular. Foi unha actividade organizada polo Equipo de Actividades Complementarias. Pasárono xenial no concerto!

    Esta montaxe está feita con fotos durante a actuación co fondo da súa versión do "Pirimpinpin".

   Podedes ver unha selección das cancións do grupo no blog de 5ºC de infantil.

Excursión 6º de Primaria a Manzaneda

   Os alumnos e alumnas de 6º remataron xa a primaria e andiveron polo colexio a despedirse de todo o mundo. Boa sorte rapaces na vosa nova andaina!.

  Podedes ver as fotos da excursión de fin de curso a Manzaneda premendo neste enlace ou na GALERÍA DA WEB.

 

Distribuir contido