Skip to Content

INICIO DE CLASES 2020-2021

Os próximos dias 10 e 11 de setembro terá lugar o inicio de curso para o alumnado de educación infantil e educación primaria.

O día 10, xoves,  incorporaranse ás aulas os alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e de 5º de Infantil, así coma os de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

O día 11, venres, farano os nenos e nenas de 6º de educación infantil, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Nestes días e mentres dure a situación derivada do Covid-19, as entradas do alumnado ao recinto escolar levaranse a cabo por diferentes portas de entrada e en dous horarios diferentes, co fin de manter as distancias de seguridade e asegurar o máximo illamento entre grupos estables de alumnado, segundo se indica na seguinte táboa:

 

 

 

As saídas realizaranse tamén polas mesmas portas polas que entrou cada un dos cursos e en dous horarios diferentes:

  • 13:50: alumnado de EI e de 1º, 3º e 4º de educación primaria
  • 14:00: alumnado de 2º, 5º e 6º de educación primaria 

 

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

As familias poden recoller na Secretaría do Centro os libros de texto que lle corresponden aos seus fillos e fillas, o próximo xoves, dia 3 de setembro, atendendo ao seguinte horario:

  • 09:30: Alumnado de 3º de educación primaria
  • 10:30: Alumnado de 4º de educación primaria
  • 12:45: Alumnado de 6º de educación primaria

 Dadas as circunstancias sanitarias só poderá acudir un membro por familia, con máscara e gardando as distancias de seguridade interpersoal (1,5 metros).

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2020-2021

O Equipo Directivo do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso dálle a benvida ao novo curso a tódolos integrantes da Comunidade Educativa e comunícalle que toda a información relacionada co inicio e desenvolvemento do presente ano escolar irá sendo publicada na páxina web do centro.

PRAZO ABERTO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Dende o 9 de agosto e ata o 30 de setembro está aberto o prazo para a solicitude de Becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso 2020-2021.

Pódese atopar toda a información sobre estas becas, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, nos seguintes enlaces:

Convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE)

Información breve sobre a beca por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Sede electrónica, onde se pode solicitar a beca.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en ORDE do 25 de xuño de 2020, publicou o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. As datas máis salintables do mesmo son as seguintes:

 


Mes

Día

 

Setembro

1, 2, 3, 4

Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2019/2020.

10

Comezo das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria.

16

Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

Outubro

12

Día non lectivo. Día da Festa Nacional de España.

Decembro

7

Día non lectivo. Día do Ensino.

8

Día non lectivo. Día da Inmaculada Concepción.

23, 24, 25, 28, 29, 30, 31

Vacacións de Nadal.

Xaneiro

1, 4, 5, 6, 7

Febreiro

15, 16, 17

Vacacións de Entroido.

Marzo

29, 30, 31

Vacacións de Semana Santa.

Abril

1, 2, 5

Maio

17

Día non lectivo. Día das Letras Galegas.

Xuño

16, 17, 18, 21, 22

Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º bacharelato.

22

Remate das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

 Pódese acceder a toda a información na seguinte ligazón: Calendario escolar 2020-2021.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Dende o día 10 de xullo, venres, estarán expostas no taboleiro de anuncios as listaxes definitivas de fondo libros para o curso 2020-2021. 

Están dispoñibles en secretaría os vales de material (para toda a primaria) e os vales para adquisición de libros (para 1º e 2º de primaria).

Poderán recollerse a partir do luns 6 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut