Skip to Content

REUNIÓN PARA PAIS E NAIS DE ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL (3 ANOS)

Convócase a pais e nais de alumnos e alumnas de cuarto de educación infantil (3 anos) a unha reunión que se celebrará o próximo día 3 de setembro, ás 12:30 horas, na sala multiusos do centro, para tratar asuntos de interese de cara á escolarización dos nenos e das nenas.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Goberno de España, onde se xenerará un documento pdf que deberá ser imprimido e entregado no centro onde o alumnado solicitante vaia cursar os estudos no curso 2021-2022. Picando no seguinte enlace accederase ao sitio web no que se poderán facer os trámites:

Acceso ao trámite de presentación de becas para alumnado con NEAE.

 

No arquivo adxunto poderase descargar o documento completo de convocatoria de Becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022

Dende o martes, 13 de xullo, están expostas no taboleiro de anuncios do Centro as listas definitivas do Fondo Libros para o curso 2021-2022.

Tamén están a disposición das familias, na Secretaría do Centro, os vales de material escolar (para toda a educación primaria) e os vales para a adquisición de libros (para 1º e 2º de primaria). Poderán ser recollidos, en horario de mañá, ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. As familias que non poidan retirar os vales no mes de xullo poderano facer en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022

Dende o martes, 6 de xullo, estarán expostas no taboleiro de anuncios do Centro as listas provisionais do FONDO LIBROS.

Poderanse presentar reclamacións ante a Dirección do centro entre o día da publicación das listas e o día 9 de xullo ás 13:00 horas.

PRAZO PARA A MATRICULACIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Recórdaselle ás familias con fillos/fillas que foran admitidos/as neste centro para cursar estudos de infantil ou primaria no próximo curso 2021-2022, que deberán matriculalos na secretaría do centro no prazo comprendido entre o 20 e o 30 do presente mes de xuño.

Nos anexos que aparecen debaixo poderán atopar diversa documentación relacionada co proceso de matriculación:

  • Carta de presentación ás familias.
  • Documentación necesaria a presentar no momento da metriculación.
  • Impreso de matrícula.
  • Diptico explicativo do servizo Abalar Mobil para familias.
  • Documento de autorización para uso de imaxes.
  • Comunicación da lingua materna.
Distribuir contido


by Dr. Radut