Skip to Content

ENTROIDO 22 II

ENTROIDO 22

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o día 1 e ata o día 21 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2022-2023.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión a) de xeito manual (logo de descargar a o formulario ou de recollelo no centro educativo), ou b) a través da aplicación admisiónalumnado. As solicitudes, unha vez cubertas e asinadas, poderanse presentar no centro educativo (preferentemente), ou nos lugares que contemple a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Nas seguintes ligazóns poderán atopar diversa información sobre todo o proceso de admisión.

 

Instrucións sobre o proceso de admisión

Calendario completo do proceso de admisión

Resolución do sorteo de letras para desempate

Vacantes no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Documentación a presentar coa solicitude de admisión

Decreto de 3 de febreiro sobre admisión

Enlace á aplicación admisionalumnado

Impreso para solicitude de admisión en galego

Impreso para solicitude de admisión en castelán

Enlace Sede Electrónica

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: PRESENTACIÓN DO CEIP PLURILINGÜE AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO

 

O próximo día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2022-2023. 

 

En edicións anteriores o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso organizaba unha serie de xornadas de portas abertas, con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, para que as familias interesadas puidesen coñecer o Proxecto Educativo do Centro e as súas instalacións. O contexto socio sanitario deste momento non permite desenvolver estas xornadas, porque o obxectivo prioritario do centro agora mesmo é minimizar todo canto sexa posible os riscos de infección do Covid-19 para alumnado, profesorado e demais persoal do centro.

 

Sen embargo, preparamos un pequeno vídeo que ás familias interesadas lles permitirá asomarse ao que quere ser o noso centro. Así, poderán facerse unha idea sobre as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve. Poden visualizalo premendo na inmaxe que aparece abaixo.

 

Con todo, se precisan máis información da que vai aparecendo nesta páxina web, poden chamar, en horario de tarde, ao número 988 783 047. Buscaremos a maneira de que reciban toda a informeción que poida ser do seu interese.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut