Skip to Content

PROXECTO IGUALDADE DE XÉNERO 2022

Arredor do Día Internacional contra a violencia de Xénero desenvolveuse no centro o PROXECTO IGUALDADE DE XÉNERO, proposto e financiado pola ANPA do centro e coa colaboración do Concello de Ourense. Sesións de Contacontos para tódolos niveis  e un Obradoiro de Ciencia para os maiores completaron o programa.

Picando na imaxe pódese ver un video sobre o desenvolvemento do proxecto.

 

25 de novembro: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

A FESTA DO MAGOSTO

O venres, 10 de outubro, celebrouse no colexio a Festa do Magosto, con actividades tradicionais para os distintos niveis educativos. Pódense ver videos da celebración picando mas imaxes que aparecen a continuación:

 

 

 

 

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está en marcha o procedemento para a celebraciónde eleccións de membros do Consello Escolar do Centro. Nos seguintes enlaces pode consultarse a información e documentación referente ao mencionado proceso.

1.- Resolución pola que se establece o calendario electoral.

2.- Calendario electoral.

3.- Modelo presentación de candidaturas (sector pais/nais).

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA PARTICIPA NA SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O 18 de Outubro o alumnado de 4º de educación primaria participou na SEMANA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS, desprazándose á Praza Maior da cidade, onde realizaron varias actividades educativas, da man do persoal de distintos servizos comunitarios (Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Seprona), ao que lle agradecemos o exquisito trato dispensado a nenos e nenas.

 

Pecando na imaxe podes ver un vídeo da xornada.

O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPA NA SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS

 

O 18 de outubro, martes, o alumnado de cuarto de educación primaria participou na SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS, organizada polo Concello de Ourense, acudindo á Praza Maior, onde se desenvolvían múltiples actividades programadas para nenos e nenas. Unha experiencia para gardar.

Podes ver un video da xornada se picas na seguinte imaxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut