Skip to Content

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Entre o 19 de maio e o 30 de setembro está aberrto o prazo para solicitar beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

Poden consultar toda a información no seguinte enlace: BECAS DE APOIO EDUCATIVO

Dende esta outra ligazón poderán acceder ao sitio da Sede Electrónica onde cumprimentar e presentar a solicitude de beca: ACCESO AO TRÁMITE PARA SOLICITUDE DE BECA PARA NEAE.

No Departamento de Orientación do Centro poden solicitar máis información e/ou a axuda necesaria para realizar os trámites da beca.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Dende o 19 de maio ao  22 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar, para o curso 2022-2023.

 

Nos seguintes ligazóns pódese consultar toda a información:

 

1. Circular informativa

2. A Orde completa publicada no DOG do 18 de maio

3. O acceso á sede eléctrónica para presentar telemáticamente.

4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.

5. O impreso de solicitude para imprimir e cubrir manualmente:

6. O cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2020)

7. A documentación obrigatoria a presentar.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: EDUCACIÓN INFANTIL

 

PICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Pica na imaxe para ver o vídeo

 

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE OS BEATLES NO MARCOS VALCÁRCEL

 

Os días 11 e 12 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 3º de educación primaria visitaron a exposición “Ao redor do universo Beatle”, no Edificio  Marcos Valcarcel. Trátase da exposición máis  completa realizada en España sobre a mítica banda de pop-rock e alberga case 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares. Tamén aproveitaron a saída do centro para percorrer e analizar algúns dos puntos de maior interese do centro histórico da cidade.

 PICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

 

VISITA Á AULA DE NATUREZA DE OIRA

 

No mes de abril, o alumnado de 3º de educación primaria reealizou unha visita á AULA DE NATUREZA DE OIRA. Alí viviron unha experiencia educativa especialmente interesante. Puideron observar o sol a través de un telescopio e aprenderon moitas cousas sobre o sistema solar e o universo. 

 

PICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut