Skip to Content

Secretaría

MATERIAL DE AULA

 

No seguinte listado de DOCUMENTOS adxuntos,  pódese acceder ao listado de MATERIAL DE AULA que cada titor/a solicitará para o curso 2024_25.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CLASES

O mércores 11 de setembro, darán comezo as clases do curso 2024/25.

 

Desde o primeiro día desenvolveranse en horario de 09:00 a 14:00h, agás nos grupos de 3 anos (4º de Educ. Infantil) que realizarán o periodo de adaptación.

As entradas ao centro realizaranse de acordo coa información que aparece no plano, así como as filas de cada grupo.

As saídas realizaranse tamén polas mesmas portas polas que entraron cada un dos cursos, ás 14:00h

Os familiares que acompañen as cativas e os cativos, e teñan que deixar ou recoller a máis dun alumno de diferentes cursos, poderá moverse dun lugar de entrada/saída ao outro por dentro do recinto escolar.

 

As entradas a ATENCIÓN TEMPERÁ, realizaranse pola porta principal do centro.

 

 

 

Xuntanza alumnado de 3 anos

 ATENCIÓN !!

 

                     A xuntanza pais/nais de alumnado de 4º de Educ. Infantil                      (3 anos) coas titoras, será o

                                                        XOVES 5 de setembro ás 12:00 h


                                                              no Salón de actos do centro.

 

 

A recollida dos libros adxudicados a través do programa Fondo Solidario

 

 

A recollida dos libros adxudicados a través do programa Fondo Solidario para 3º e 4º de  Educación Primaria,       será  na secretaría do centro

 

                                                     

 o xoves día 5 de setembro    3º de Primaria
 o venres día 6 de setembro    4º de Primaria

               

 

                                        en horario de 10:00h á 14:00h.

 

 

Calendario Axudas Adquisición Material escolar e Fondo Libros.

 

As datas para a recollida de vales para a adquisición de Material escolar e Libros de texto, será a partir do día 9 de xullo na secretaría do centro en horario de 09:00h a 14:00h.

As datas de publicación do listado provisional e definitivo serán acorde co calendario  establecido.

 

 

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 24_25

 

 O alumnado de 4º de Educ. Infantil admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro.

O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte: 

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado.  Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
  • Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria. Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
  • Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.

 

Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.

 

Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos)  a unha reunión para o día 27, XOVES ás 12:00h,  debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut