A consecuencia do estado de alarma declarado para facer fronte á pandemia do COVID19, e de acordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o profesorado do centro tivo que adaptar as programacións didácticas no que corresponde ao terceiro trimestre do presente curso académico. Tales adaptacións recollen a parte do curriculo escolar (contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe) que en cada área e en cada curso ou ciclo se van traballar durante este trimestre, xa sexa a través de actividades de repaso, de reforzo, de recuperación ou de ampliación. Tamén contemplan aqueles contidos concretos das programacións iniciais propostas para todo o curso que, de ser o caso, non van poder ser abordados e que quedan adiados para o primeiro trimestre do próximo ano escolar.
As adaptacións das programacións didácticas para este último trimestre do curso poden ser consultadas nos arquivos que se adxuntan.