ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023: PRESENTACIÓN DO CEIP PLURILINGÜE AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO
O próximo día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2022-2023.
En edicións anteriores o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso organizaba unha serie de xornadas de portas abertas, con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, para que as familias interesadas puidesen coñecer o Proxecto Educativo do Centro e as súas instalacións. O contexto socio sanitario deste momento non permite desenvolver estas xornadas, porque o obxectivo prioritario do centro agora mesmo é minimizar todo canto sexa posible os riscos de infección do Covid-19 para alumnado, profesorado e demais persoal do centro.
Sen embargo, preparamos un pequeno vídeo que ás familias interesadas lles permitirá asomarse ao que quere ser o noso centro. Así, poderán facerse unha idea sobre as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve. Poden visualizalo premendo na inmaxe que aparece abaixo.
Con todo, se precisan máis información da que vai aparecendo nesta páxina web, poden chamar, en horario de tarde, ao número 988 783 047. Buscaremos a maneira de que reciban toda a informeción que poida ser do seu interese.