Skip to Content

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

A cumunidade educativa do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso únese ás campañas de concienciación sobre o autismo.

 

 

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Dende o día 1 e ata o día 22 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2021-2022.

Nas seguintes ligazóns atópanse os formularios de solicitude de admisión, así coma diversa información sobre todo o proceso de admisión.

 

UN ENTROIDO DIFERENTE

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022: PRESENTACIÓN DO CEIP PLURILINGÜE AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO

O próximo día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2021-2022. 

En edicións anteriores o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso organizaba unha serie de xornadas de portas abertas, con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, para que as familias interesadas puidesen coñecer o Proxecto Educativo do Centro e as súas instalacións. O contexto socio sanitario deste momento non permite desenvolver estas xornadas, porque o obxectivo prioritario do centro agora mesmo é minimizar todo canto sexa posible os riscos de infección do Covid-19 para alumnado, profesorado e demais persoal do centro.

Sen embargo, preparamos un pequeno vídeo que ás familias interesadas lles permitirá asomarse ao que quere ser o noso centro. Así, poderán facerse unha idea sobre as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve.

Con todo, se precisan máis información da que vai aparecendo nesta páxina web, poden chamar, en horario de mañá, ao número 988 783 044. Daráselle cita para recibir atención telefónicamente.

 

 


Presentacion_ARB_2021_r - Kizoa Movie Maker

RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS DE ESO (ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, e tendo en conta a Orde de 18 de decembro de 2020, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento de admisión do alumnado, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse no centro de orixe (CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso) ou por Sede Electrónica.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisionalumnado".

 

Os impresos de solicitude son os que aparecen nos ficheiros adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut