Skip to Content

SAÚDE INTEGRAL: CARDIO E TALLERES

CONTINÚA O NOSO CENTRO TRABALLANDO CO PROGRAMA SHE DE VALENTÍN FUSTER.AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DO CONCELLO DE OURENSE.

 

CARDIO

CARDIO VISIITA AOS ALUMNO@S DE INFANTIL E CUNAGASALLO MOI DOCE FEITO CON ZUME DE FROITAS

 

 

 

 

 

TALLERES

 

Talleres de todo tipo para ter unha vida saudable: froita, iogur, batidos, minipizzas, bocadillos...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021: PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o día 1 e ata o día 20 de marzo estará aberto o prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2020-2021.

Dado que o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso ten autorizado como día non lectivo o 20 de marzo, o prazo ampliarase ata o 23 de marzo, sempre e cando a solicitude sexa presencial neste centro. Na sede electrónica o prazo será ata o 20 de marzo.

Nas seguintes ligazóns atópanse os formularios de solicitude de admisión, así coma diversa información sobre todo o proceso de admisión.

Formulario de Solicitude de admisión (en galego)

Formulario de Solicitude de admisión (en castelán)

Instrucións sobre o proceso de admisión

Calendario completo do proceso de admisión

Resolución do sorteo anual de letras para o proceso de admisión

Vacantes no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (a data de 28 de febreiro de 2020)

Documentación a presentar coa solicitude de admisión

Tríptico informativo sobre o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

ENTROIDO 2020

FELIZ ENTROIDO

 


XOVES DE COMADRES

ALUMN@S DE 3º DE ED.PRIMARIA PARTICIPARON O XOVES DE COMADRES NUNHA DAS ACTIVIDADES DO CONCELLO

 

AQUALOXÍA PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2020

Xornada_portas_abertas

 

Estas xornadas enmárcanse dentro do Proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2020-2021, con un calendario que vai dende o mes de febreiro ata o mes de xullo, e no que destacan as seguintes datas:

1.- Reserva de praza para os institutos aos que o noso centro está adscripto (IES Otero Pedrayo e IES Universidade Laboral): do 1 ao 15 de febreiro.

2.- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Afecta a:

- Alumnado que quere solicitar praza no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (xa sexa sen escolarización previa ou que proveña doutros centros educativos).

- Alumnado que fixese a reserva de praza nun dos IES aos que está adscripto o noso centro e que non obtivese praza.

- Alumnado do noso centro que desexe cursar a ESO nun IES ao que o noso centro non esta adscripto.

3.- Formalización da matrícula

- Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.

- Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut