Arquivo

A NÓSA BIBLIOTECA

A NÓSA BIBLIOTECA 

A Biblioteca do centro está situada nunha ampla sala da planta baixa, próxima á entrada principal e de fácil acceso para calquera usuario. Foi un empeño do profesorado liberar para uso exclusivo da Biblioteca esta aula que en anos anteriores se adicaba a usos múltiples. Con esforzo persoal e  poucos medios transformouse e decorouse de forma alegre e luminosa, tratando de que sexa a máis atractiva e apetecible estancia do colexio.  

  • Equipo de Biblioteca dende o curso 2.000-2.001.      
  • Memoria de Actividades de Biblioteca recollida dento da Memoria de cada  curso escolar dende o curso 2.000-2.001. 
  • Todo o profesorado do centro participou no P.F.A.C “Biblioteca viva”en torno á biblioteca escolar co asesoramento do C.F.R. de Cangas.
  • Biblioteca integrada no Plan Mellora de Bibliotecas 2005/12006 (PLAMBE_1).
  •  Os fondos da nosa biblioteca aumentaron notablemente en tódolos soportes e todos eles  foron actualizados, renovados e clasificados.

 

 ASPECTOS RELEVANTES NA NOSA ACTUACIÓN 

Accións con as que buscamos unir afectivamente ó alumnado coa biblioteca escolar: 

Creamos o Club de Amigas e Amigos da Biblioteca Escolar. Teñen dereito a formar parte deste club os alumnos e alumnas e as súas familias e os profesores e profesoras.     

Eliximos unha mascota. A mascota da nosa biblioteca chámase Dino e é un dinosauro que nos anima a disfrutar do pracer de ler, escoitar historias e escribir.      

 Todos-as temos Carné de socios do club. Os membros club de amigos e amigas de Dino temos un carné que os identifica como tales.        

Presentamos a nosa biblioteca. Facemos visitas guiadas dos alumnos-as de cada nivel para presentar as diferentes seccións da biblioteca, analizar os contidos de cada unha, recoller suxestións.Estas visitas repetímolas periodicamente.

Elaboramos periodicamente materiais-recordo da biblioteca escolar: adhesivos, puntos de lectura, carteis, etc.

Editamos un boletín de publicación periódica con as novidades, noticias e experiencias que se van desenrolando.

Regalamos un retrato lector. Coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o Día del Libro  e  o “Día das Letras Galegas”,agasallamos a cada alumno/a cunha fotografía na que estea lendo para que lle sirva de recordo e estímulo permanente

Os nenos e nenas completan individualmente un Diario de Lectura. Nel poden tomar breves notas ou debuxos do libro lido que gardarán como recordo das súas lecturas infantís.      

Os nenos e nenas do último curso de primaria exercen tamén de bibliotecarios e bibliotecarias, para ordenar os fondos, formalizar préstamos  devolucións, colaborar nalgunhas actividades, etc. 

Accións de uso habitual na biblioteca:      

A biblioteca sempre está aberta para que todo o alumnado poida acudir libremente á sala de lectura con fins diversos: buscar información, rematar traballos, coller libros prestados, etc. 

Axilizamos o préstamo de libros con trámites fáciles.         

Acudimos á biblioteca en grupo, unha hora á semana como mínimo.      

Os mestres-as facemos lecturas en voz alta, por parte do mestre/mestra, de poemas, contos, noticias de prensa, etc., cada día, sen pedir nada a cambio, solo polo pracer de escoitar, e se é o caso, facer algunha reflexión ou comentario sobor do escoitado.       

Facemos intercambios de experiencias lectoras. Un neno-a, semanalmente, fala do último libro lido e agasalla ós compañeiros e compañeiras con algo que fixo relacionado con ese libro: un cartel, un debuxo, unha poesía, un traballo manual,...·         

Facemos mesas redondas entre tres ou catro nenos-as que leran o mesmo libro, nas que contrastarán opinións.      

Na aula faise lectura en voz alta dun mesmo libro.       Promovemos a lectura en outros soportes informativos: prensa, revistas especializadas, suplementos infantís de periódicos, CD-ROM,...      

Promovemos actos de recitación e dramatización de poemas, libros, contos, etc., ante o resto de compañeiros e compañeiras da clase. Como acto de fin de curso, ou con motivo dalgunha celebración cultural, tamén se debe organizar un acto aberto e contando con a asistencia de pais  nais.        

Prestamos bloques de libros da biblioteca para nutrir temporalmente as bibliotecas de aula  levar as novidades ás aulas.      

Facemos maletas viaxeiras para aportar ás aulas libros dunha temática especial, o dun tema do que se decidiu traballar en todo o centro.  

Accións de sensibilización cultural e de participación da comunidade escolar.       

Mantemos na biblioteca unha carteleira actualizada con as novidades que se van incorporando á biblioteca así como con todas as noticias que se refiran a libros, lectura, escritores/as, premios literarios, centenarios  calquera feito cultural.        

Creamos espacios para a exposición de publicacións que se van facendo nas clases: libriños de poesía, revistas da clase, monografías, etc. Manter na biblioteca unha sección onde se arquiven todas as publicacións que se fan na escola.·         

Realizamos  dossieres de prensa monográficos sobor de autores de actualidade, noticias que falen de libros, lectura, bibliotecas, etc.       

Realizamos  “semanas”, exposicións, etc., convertendo a biblioteca nun espacio dinámico que a faga merecedora da consideración de lugar de alto interese para o alumnado e o profesorado do centro.      

Realizamos sesións de “contacontos”, botando man de persoas especializadas, nais, pais, avós, avoas e persoal do colexio. O alumnado dos cursos altos pode preparar sesións narrativas, de recitación ou dramatización para os pequenos e pequenas.      

Colocamos por diferentes lugares da biblioteca “citas lectoras”, párrafos de libros significativos que poidan servir de reclamo para que os nenos e nenas se interesen polos libros  que hai na biblioteca.      

Elaboramos carteis utilizando fotografías sacadas de revistas , xornais,  nas que se ven persoas lendo, con estantes de libros detrás, con libros nas mans e que poidan servir como puntos de sensibilización de cara á lectura. No cartel escribiremos frases como “Todas estas persoas teñen unha biblioteca detrás, ti tela diante, ¡aprovéitaa!”, etc.·       

Ofrecemos unha sección de libros para adultos, para o profesorado e para nais e pais, coa finalidade de que nenos e nenas vexan que tamén os maiores acoden á biblioteca. O valor exemplificador desta práctica pode ser positivo.       

Ofrecemos a nais e pais a posibilidade de que se encarguen de abrir a biblioteca un ou varios días á semana. A súa presencia na biblioteca e a súa colaboración en tarefas de animación lectora teñen un valor importante.      

Mantemos un expositor de publicacións periódicas onde se expoñan para a súa lectura revistas escolares, revistas que se reciben como intercambio, revistas recibidas por subscrición. Ter un arquivo das mesmas.      

Facemos intercambio emantemos  boa relación con a biblioteca pública da localidade. O préstamo interbibliotecario, especialmente dende a pública para a escolar e a posibilidade de que algunhas accións da escolar se estendan ate a biblioteca pública, xera un ambiente positivo hacia o libro e a lectura.  

Xa formamos parte da Rede de Bibliotecas de Galicia e seguimos co rexistro e a xestión informatizados dos fondos que faltan por rexistrar.  Pretendemos funcionar como MEDIATECA. Agora temos instalada unha conexión WIFI para a biblioteca e dispoñemos alí dun equipo informático para a xestión e 3 equipos informáticos máis para uso de toda a comunidade educativa.

PRODUCCIÓN DE MATERIAIS :    

“ROMPENDO BARREIRAS”. Libro que conta os segredos que se agochan nunha biblioteca.      

“LIBROS DOS MEDOS”. Reflexións sobre os medos dos nenos e nenas convertidas en libros.      

EDICIÓN DE CARTEIS con debuxos e produccións literarias orixinais feitos polos nenos e nenas para a celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares.       

“POEMAS PARA DINO”. Libro con poemas para a mascota da biblioteca feitos polos nenos e nenas con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares.      

“A BRUXA PATUXA”. Adaptación do conto do mesmo título feita polos nenos e nenas de 1º de primaria con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares. 

EDICIÓN DE POSTAIS DE NADAL. Exposición de postais con debuxos e mensaxes de Nadal elaboradas polos nenos e nenas . O debuxo e o texto seleccionados serviron de felicitación de Nadal para as familias.       

EDICIÓN DUN FOLLETO DE LECTURA. Con lecturas recomendadas e consellos sobre a lectura que se enviou a tódalas familias.      

XORNAL ESCOLAR. Nova edición de “O voceiro de Abelendo” , que este curso xira en torno á biblioteca e recolle os traballos e actividades máis destacadas do curso escolar.

EDICIÓN DE “AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE...” : ... A nosa biblioteca, ...a nosa mascota, ...os nosos libros.Feita con motivo da celebración do cúmpranos da mascota da biblioteca.·        Carnets·        Marcapáxinas·        Puzzle

A NÓSA BIBLIOTECA
Distribuir contido

Back to top