Arquivo

MIL HISTORIAS QUE VIVIR CON FINA CASALDERREY

Na mañá do pasado xoves, vintedous de marzo,visitou Abelendo unha estrela que coa forza das súas palabras encheu de luz e calor a nosa biblioteca.

Os piolliñ@s de segundo regaláronlle unha lenda que inventaron todos xuntos sobre unhas máxicas pedras.

CHEGA O CROSS

O próximo día 15 de maio celebraremos a décima quinta edición do Cross das Letras Galegas que se organiza en colaboración coa ANPA dentro das actividades da semana das Letras Galegas.

Participarán non só os alumnos e alumnas do colexio senón tamén os pais,as nais,os avós e as avoas que queiran estar con nós nesta xornada deportiva na que disfrutamos tanto.

Estamos xa no monte coñecendo ou recordando o percorrido que nos corresponde segundo a nosa categoría.

A foto que ilustra esta noticia pertence ao XIV Cross.

Distribuir contido

Back to top