Secretaría, Libros de Texto, Comedor
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017
A Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia informa do inicio do proceso de admisión de alumnos/as para o vindeiro curso escolar 2016/2017 (http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048), baseado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Segundo esta Orde os prazos establecidos son os seguintes:
- Do 1 ao 15 de febreiro o alumnado de 6º poden presentar a reserva de praza (anexo I) para o IES A Paralaia (entregarase esta reserva no noso centro).
O alumnado que non faga a reserva de praza no período establecido perderá o dereito de preferencia e terá que cubrir unha solicitude de admisíon no período ordinario.
A reserva de praza é vinculante. Si se desexa solicitar outro centro, terá que formalizarse unha renuncia a dita reserva no centro na que se fixo antes do 1 de marzo e presentarase copia desta renuncia no centro no que se presente a solicitude de admisión.
2. Do 1 ao 20 de marzo realizarase a presentación das solicitudes de admisión (anexo II).
Documentación que debemos aportar para a solicitude de admisión:
- Impreso de solicitude de admisión que se pode recoller no centro ou premendo aquí.
- DNI no alumno/a, Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade.
OFERTA DE PRAZAS VACANTES:
EDUCACIÓN INFANTIL:
EDUCACIÓN INFANTIL 4º NIVEL (3 ANOS): 22 VACANTES + 3 NEAE.
EDUCACIÓN INFANTIL 5º NIVEL (4 ANOS): 18 VACANTES.
EDUCACIÓN INFANTIL 6º NIVEL (5 ANOS): 09 VACANTES.
EDUCACIÓN PRIMARIA:
PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA: 15 VACANTES + 3 NEAE.
SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA: 16 VACANTES.
TERCEIRO CURSO DE PRIMARIA: 05 VACANTES.
CUARTO CURSO DE PRIMARIA: 09 VACANTES.
QUINTO CURSO DE PRIMARIA: 11 VACANTES.
SEXTO CURSO DE PRIMARIA: 05 VACANTES.
ÁREA DE INFLUENCIA:
Ameixoada, Casal de abaixo, Paxarín, Abelendo e a parte superior da estrada PO-313 dende o Mirador da Fraga ata a Porta do Cego (barrios da Parroquia de San Martiño).
Convidamos a visitar o CEIP Abelendo ós pais/nais de nenos-as da zona que cumpren tres anos no 2016, ós pais/nais de nenos-as da zona que pasarían para 1º curso de primaria ou para outros cursos no vindeiro curso escolar e que puideran estar interesados en reservar praza no CEIP Abelendo.
LIBROS DE TEXTO 2015-2016
CEIP ABELENDO Abelendo S/N 36954 MOAÑA (Pontevedra)*
ceip.abelendo@edu.xunta.es ( 986-312233 fax 986 312233)
LIBROS DE 1º,2º,3º, 4º,5º E 6º
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO |
|
1º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
|
LINGUA GALEGA |
Lingua Santillana. Mochila lixeira. Saber Facer. ISBN: 978-84-9972-542-0
|
MATEMÁTICAS |
Matemáticas Santillana. Mochila ligera. Saber Hacer. ISBN: 978-84-680-2017-4
|
CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS DA NATUREZA |
|
INGLÉS |
-QUEST 1.PUPIL´S BOOK Ed.Macmillan ISBN 978-02-304-7897-8 100 DIN A4 de 80 gr
|
MÚSICA |
MELODÍA 1 ED. GALINOVA ISBN 978 84 9737 2220 1 carpeta con 30 fundas plásticas |
RELIXIÓN |
Sen texto Carpeta de plástico 100 DIN A4 80 gr Bloc de cartulinas Pegamento de barra
|
MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
Un paquete 500 DIN A4 80 gr Resto de material en nota aparte
|
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO |
|
2º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
Lengua Santillana. Mochila ligera. Saber Hacer. ISBN: 978-84-680-2546-9
|
LINGUA GALEGA |
|
MATEMÁTICAS |
Matemáticas Santillana. Mochila ligera. Saber Hacer. ISBN: 978-84-680-2547-6
|
COÑECEMENTO DO MEDIO |
|
INGLÉS |
QUEST 2. Pupils Book.Editorial Macmillan. ISBN: 978023047898550 DIN A4 80 gr
|
MÚSICA |
|
RELIXIÓN |
Carpeta de plástico (serve a do ano pasado) 100 DIN A4 de 80 gr de cores suaves e fortes Barra de pegamento
|
MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
Un paquete de 500 DIN A4 80 gr O resto do material estará especificado en material para a aula. |
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
|
3º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
LENGUA 3º PRIMARIA ED. EDEBÉ - TALENTIA ISBN 978-84-68314693
|
LINGUA GALEGA |
LINGUA 3º PRIMARIA ED. SM XERME ISBN 978-84-98544206
|
MATEMÁTICAS |
MATEMÁTICAS 3º PRIMARIA ISBN 978-84-67885743 ED.ANAYA
|
CIENCIAS SOCIAIS |
SOCIAIS 3º PRIMARIA ED.VICENS-VIVES (Aula activa) ISBN 978-84-68222011
|
CIENCIAS DA NATUREZA |
NATURAIS 3º PRIMARIA ED.VICENS-VIVES (Aula activa) ISBN 978-84-68222035 |
INGLÉS |
INGLÉS 3º PRIMARIA QUEST 3 Pupils Book. ISBN 978-02- 30477735 Ed. MACMILLAN QUEST 3 Activity Book. ISBN 978-02-30478695 Ed. MACMILLAN
*100 DIN A4 80 gr |
MÚSICA |
CADERNO MÚSICA 3º PRIMARIA ED. SANTILLANA OBRADOIRO “OS CAMIÑOS DO SABER” ISBN 978-84-9972-188-0 *1 frauta “Hohner”
|
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
|
4º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
LENGUA 4º PRIMARIA ED. EDEBÉ - TALENTIA ISBN 978-84-68320601
|
LINGUA GALEGA |
LINGUA 4º PRIMARIA ED. SM XERME ISBN 978-84-98545265
|
MATEMÁTICAS |
MATEMÁTICAS 4º PRIMARIA ISBN 978-84-67877816 ED.ANAYA
|
CIENCIAS SOCIAIS |
SOCIAIS 3º PRIMARIA ED.VICENS-VIVES (Aula activa) ISBN 978-84-68228983
|
CIENCIAS DA NATUREZA |
NATURAIS 4º PRIMARIA ED.VICENS-VIVES (Aula activa) ISBN 978-84-68228433 |
INGLÉS |
QUEST 4. Pupils Book. Editorial Macmillan. ISBN: 9780230477742NON MERCAR O LIBRO "PUPILS BOOK", EXISTENCIAS DESTE LIBRO NO CENTRO
QUEST 4. Activity Book. Editorial Macmillan. ISBN: 9780230478701 *100 DIN A4 80 gr |
MÚSICA |
CADERNO DE MÚSICA 4 PRIMARIA En galego ISBN 978-84-9972193-4 Ed. Santillana Obradoiro *1 frauta “Hohner” (serve a do curso pasado) *1 carpeta con 30 fundas plásticas serve a do curso pasado) |
RELIXIÓN-ÉTICA |
Lbreta do curso pasado coas fichas incluidas. Bloc de cartulinas. Pegamento de barra. Paquete 100 DIN A4 80grde cores. |
MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
*Un paquete de 500 DIN A4 80 gr *Diccionario de lengua española *Diccionario de lingua galega(Os diccionarios serven os do curso pasado) |
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO |
|
5º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
LENGUA CASTELLANA. Proyecto Saber Hacer. Editorial Santillana. ISBN 978-84-680-1057-1
|
LINGUA GALEGA |
LINGUA GALEGA. Aprender é crecer. Editorial Anaya. ISBN 9788467886580 |
MATEMÁTICAS |
MATEMÁTICAS 5. Editorial Vicens Vives. Aula activa. ISBN 978- 84- 682-1469 -6
|
CIENCIAS SOCIAIS |
SOCIAIS 5. Editorial Vicens Vives. Aula activa. ISBN 978- 84-682-1543-3
|
CIENCIAS DA NATUREZA |
NATURAIS 5. Editorial Vicens Vives. Aula activa. ISBN 978-84-682-2346-9
|
INGLÉS |
QUEST 5. Pupils Book. Editorial Macmillan. ISBN 9780230477759 QUEST 5. Activity Book Editorial Macmillan ISBN 9780230478718 100 DIN A4 80 GR
|
MÚSICA |
Caderno “Melodía 5”. Editorial Galinova. ISBN 978- 84- 9737- 2268
|
RELIXIÓN |
Bloc de cartulinas Pegamento de barra LIBRETA GRANDE CUADRICULADA (SERVE A DO CURSO ANTERIOR) Paquete 100 DIN A4 80 gr |
MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
Un paquete de 500 DIN A4 80 gr Diccionarios de galego e de castelán. Axenda escolar 2013-2014 Lapis de datos informáticos |
CURSO 2.015-2.016 CEIP DE ABELENDO |
|
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO |
|
6º CURSO DE PRIMARIA |
|
LINGUA CASTELÁ |
Proxecto Saber Hacer Ed. Santillana ISBN: 978-84-6803171-2
|
LINGUA GALEGA |
Aprender é crecer Ed. Xerais ISBN: 978-84-678-3511-3
|
MATEMÁTICAS |
Aula activa Ed. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-1554-9
|
CIENCIAS SOCIAIS |
Aula activa ISBN: 978-84-682-2852- 5 Ed. Vicens Vives
|
CIENCIAS NATURAIS |
Aula activa ISBN: 978- 84- 682 -2847-1 Ed. Vicens Vives
|
INGLÉS |
QUEST 6. Pupils Book. Editorial Macmillan. ISBN: 9780230477766QUEST 6. Activity Book. Editorial Macmillan. ISBN: 9780230478725 100 DIN A4 80 gr
|
MÚSICA |
Melodía 6º galego. Caderno de traballo ISBN: 978-84-97372428 1 carpeta con 30 fundas (serve a do curso pasado) |
RELIXIÓN/ÉTICA |
Bloc de cartulinas Pegamento de barra 50 DIN A4 de 80 gr de cores (suaves e fortes) LIBRETA GRANDE CUADRICULADA (SERVE A DO ANO ANTERIOR)
|
VALORES |
LIBRETA GRANDE CUADRICULADA
|
MATERIAL COMPLEMENTARIO
|
|
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA
ORDE DO 25 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA, ED. SECUNDARIA OBRIGATORIA OU ED. ESPECIAL EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2015/16
REQUISITOS:
- Pai/nai/titor legal do alumno.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Ter renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Presentarase unha solicitude por cada alumno matriculado.
- As solicitudes presentarasen en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- O prazo de presentación será DUN MES a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
- Os formularios poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poderase tamén descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.xunta.es
- Se a solicitude se presenta no centro docente, presentarase orixinal e copia da documentación requirida. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.
- A documentación é a seguinte:
1. Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
3. Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
4. No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, incluído o alumno, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:
· Certificado emitido polo órgano competente.
· Certificado emitido polo órgano competente.
· Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total,absuluta ou grande invalidez, ou
· Documentación acreditativa da condición de pensionista de clase pasiva cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
5. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
ENMENDA DE SOLICITUDES:
- Para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou acompañadas polos documentos preceptivos, o centro requirirá a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na lei.
- Ademais da notificación individualizada, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo a relación de solicitudes pendentes de emendar con indicación das deficiencias ou documentación de que carecen.
- Unha vez entregado o vale, se o solicitante detectar algún erro, disporá de dez días hábiles para emendar a solicitude e devolverá o vale recibido.
ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR:
- Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá adquirir material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento.
- As persoas beneficiarias do vale para a adquisición de material escolar poderán usalo no correspondente establecemento ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído).
- Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.
O contido desta orde e a información complementaria exporase no portal educativo da consellería no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es
PLAN MADRUGA
A Federación de ANPAS "Arco da Vella" de Moaña, en colaboración co Concello de Moaña, ven de por en marcha para este curso 2015-2016 en tódolos Centros Educativos de Infantil e Primaria de Moaña o "Plan Madruga".
Este servizo, que xa esta en marcha en perído lectivo de setembro a xuño, terá un horario de 07:30 a 09:10 para os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria matriculados neste centro e un custo de 28 euros mensuais para os fixos diarios e 3 euros para usuarios por día solto. O almorzo serviráse entre as 07:30 e os 30 minutos anteriores á hora de comezo do horario lectivo, polo que non se poderá facer uso deste servizo fóra deste horario.
Solicítase dende a Federación de ANPAS que todos aqueles potenciais usuarios deste servizo, sexan fixos ou posibles discontinuos, cubran a folla de inscrición a principio do curso que está a disposición dos interesados na dirección do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »