PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

 A Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia  informa do inicio do proceso de admisión de alumnos/as para o vindeiro curso escolar 2016/2017 (http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048), baseado na Orde do 12 de marzo de 2013  pola que se desenvolve o procedemento para a  admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Segundo esta Orde os prazos establecidos son os seguintes: 

  1. Do 1 ao 15 de febreiro o alumnado de 6º poden presentar a reserva de praza (anexo I) para o IES A Paralaia (entregarase esta reserva no noso centro). 

O alumnado que non faga a reserva de praza no período establecido perderá o dereito de preferencia e terá que cubrir unha solicitude de admisíon no período ordinario.

A reserva de praza é vinculante. Si se desexa solicitar outro centro, terá que formalizarse unha renuncia a dita reserva no centro na que se fixo antes do 1 de marzo e presentarase copia desta renuncia no centro no que se presente a solicitude de admisión.

       2. Do 1 ao 20 de marzo realizarase a presentación das solicitudes de admisión (anexo II). 

             Documentación que debemos aportar para a solicitude de admisión: 

     - Impreso de solicitude de admisión que se pode recoller no centro ou          premendo aquí. 

     - DNI no alumno/a, Fotocopia do libro de familia ou documento                      acreditativo da idade. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OFERTA DE PRAZAS VACANTES:

 EDUCACIÓN INFANTIL:

EDUCACIÓN INFANTIL 4º NIVEL (3 ANOS): 22 VACANTES + 3 NEAE.

EDUCACIÓN INFANTIL 5º NIVEL (4 ANOS): 18 VACANTES.

EDUCACIÓN INFANTIL 6º NIVEL (5 ANOS): 09 VACANTES.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA:   15 VACANTES  + 3 NEAE.

SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA: 16 VACANTES.

TERCEIRO CURSO DE PRIMARIA: 05 VACANTES.  

CUARTO CURSO DE PRIMARIA: 09 VACANTES.

QUINTO CURSO DE PRIMARIA: 11 VACANTES.

SEXTO CURSO DE PRIMARIA: 05 VACANTES.

 

 ÁREA DE INFLUENCIA:

Ameixoada, Casal de abaixo, Paxarín, Abelendo  e a parte superior da estrada PO-313 dende o Mirador da Fraga ata a Porta do Cego (barrios da Parroquia de San Martiño). 

 

Convidamos a visitar o CEIP Abelendo ós pais/nais de nenos-as da zona que cumpren tres anos no 2016, ós pais/nais de nenos-as da zona que pasarían para 1º curso de primaria ou  para outros cursos no vindeiro curso escolar e que puideran estar interesados en reservar praza no CEIP Abelendo.

Back to top