25N
Hoxe celebramos no centro o 25N.
Cando o alumnado chegou topouse coas escaleiras de cor lila coas frases que elas mesmas decidiran e crearan.
Consideramos que, moitas veces, a violencia machista xérase por mor das desigualdades que existen entre homes e mulleres que están sustentadas en estereotipos que nos identifican como homes ou mulleres facendo o que se "supón" de nós e creando unha imaxe de nós que condiciona o xeito en que se nos trata e no que tratamos aos demais. Por isto, dende o cole quixemos poñer o foco nos estereotipos, porque cremos que se acabamos con eles e axudamos a formar unha sociedade na Igualdade, este tipo de violencia desaparecería. Ademais é a parte na que a escola pode colaborar máis e facer máis traballo.
Ademais destas novas escaleiras que estreamos hoxe, todo o alumnado na biblioteca do centro asistiu ao estreo do vídeo que creamos entre todas con estas frases e outras moitas que recollen estereotipos comúns e habituais.
Aquí tedes e podedes desfrutar do traballo feito polos nenos e as nenas do centro.