25N
Como todas saberedes mañá é o 25N e conmemórase o día contra a violencia de xénero. No cole levamos toda a semana a traballar esta temática, pero o acto conmemorativo levarémolo a cabo o luns, pero non queriamos pasar por alto a xornada de contacontos en Igualdade que desfrutaron hoxe as alumnas e alumnos de Infantil grazas a un pai comprometido coa causa e que sempre está disposto a vir a colaborar co centro.
O alumnado desfrutou dun contacontos en prol da igualdade a través de contos tan coñecidos como Artur e Clementina ou O libro dos porcos. Fixémolo ao soliño no patio do cole e resultou unha xornada fantástica.
Grazas David por vir ao cole e axudar nesta importante labor de educar en igualdade!!
E o luns ensinarémosvos máis!!