O lecer sen límites

Creando Espazos

Aquí vos deixamos unha mostra dos espazos que queremos crear no noso patio entre outras moitas ideas que nos rondan na mente, para que os momentos de lecer sexan máis dinámicos e inclusivos, oxalá deixe de ser unha utopía e podamos facelos realidade!!!

 

                        

O Noso Cole

Os alumnos e alumnas do CEE Santa María queren enseñarvos o noso cole, contanvos todo o que lles gusta e o ben que o pasan con nós. Por eses alumnos e alumnas puxemos este proxecto en marcha, para seguir compartindo soños, ilusións e bos momentos!, continuaremos traballando para que sigamos medrando xuntos!!

 

 

                         

LIMPAMOS O NOSO PATIO

Para poder disfrutar das horas de lecer no patio o primeiro è acondicinalo, hoxe fixemos unha actividade de limpieza para ter o noso patio impecable.

Con esta actividade fomentamos o coidado do medio ambiente e do noso entorno, xa que o patio è parte de nós, e non está sucio por qué nós non o coidemos, se non que a xente incìvica da rúa tira o lixo para dentro do noso  cole!!

Hoxe quedou limpiño para seguir disfrutando de èl grazas aos nosos rapaces organizados polo profe e alumnado do programa formativo de xardineria moitas gracias rapaces!!!

 

 

Proxectos sociais con Total Sport

Total Sport é unha empresa de ocio e tempo libre que contou conosco para poñer en práctica un proxecto social innovador e no que ten enconta a todas aquelas asociacións e centros que estamos a traballar con persoas con diversidade funcional. Estamos superorgullosos de participar en dito proxecto, e de que o noso centro educativo fose un dos escollidos para dar difusión a inclusión que promove dito proxecto. Grazas a Total Sport por contar coa nosa colaboración e por ofertarnos actividades que faran un pouco máis motivadora a nosa andaina. 

Hoxe acudimos a presentación do proxecto coordinado pola mestra do centro Vanesa. Os alumnos disfrutarán moito de este proxecto e das actividades que nos ofertan.

 

 

Día da marmota e Candeloria na biblio

Hoxe as aulas 1,3,4 e 5 fixeron Unha actividade conxunta ben fermosa para celebrar o día da Candeloria e o día da Marmota.

Primero contaron a historia da Marmota, con un conto adaptado pola profe Vane, tamén escoitaron atentos que dende a Candeloria os paxariños namoranse e xa nunca màis voan sos.

Despois disfrutaron dunha instalación de inverno con moitas actividades sensoriais...        

   

 

 

Tamèn estiveron esquiando!!!, E non se lles deu de todo mal....

 

 

E finalmente buscaron à Marmota que estaba escondida na súa madriguera e ao sair veu a súa Sombra e predixo que o Inverno durarà 6 semanas màis, e atoparon paxariños que emparellaron e xa non voan sós!!

 

 

 

Futbolín

Hoxe arrincamos a semana con unha gran sorpresa!, Xa temos futbolín!!!estamos moi ilusionados!!, e ademàis espectantes de ver qué mais sorpresas aparecen no patio próximamente!!

                         

Brotando Ideas

Estes primeiros días do ano, os nosos alumnos e alumnas así como as suas mestras achegaronnos moitas ideas para comenzar a crear os espazos do noso patio. Temos claro que queren un futbolín, xogos de mesa, música e un escenario para cantar, un espazo sensorial, colorido e unha horta!!!

Ahora temos que poñernos mans a obra!!!seguimos!!!

E para tì cómo sería o teu patio ideal?

Con esta pregunta comezamos a nosa andanza na creación de un patio sen límites para que todos podamos gozar da diversión nos tempos de ocio!, Estou segura que pasiño a pasiño o conseguiremos!!!

E para vos?como sería o voso patio ideal?

Deixamosvos os dous anexos do noso proxecto que cubrirán Mestres Familias e Alumnos, e se queredes aportar o voso gran de área dando ideas todas son benvidas no patio do Santa María!!

Comezamos!!

 

 

 

 

Vivamos como galegos!

Damos a benvida ao novo blogue de mestres gandeiros. 

Como bos gandeiros e gandeiras, vamos a facer un horto escolar e xa estamos postos a traballar. Comezamos a medir e marcar os límites da nosa horta. Iremosvos contando as próximas novidades.

TALLER ESCOLA IMAXINADA.

Hoxe no CEE Santa María recibimos a visita de Salvador Cidrás e Vicente Blanco, mestres de maxisterio e creadores do blogue educativo Escola Imaxinada. Viñeron acompañados dun grupo de alumando da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo para presentarnos 3 propostas diferentes:

No primeiro espazo, propuxeronos experimentar con diferentes texturas sobre unha gran superficie de papel.

 

A segunda proposta consistía na construción dunha cidade por medio de bloques de madeira e o seu posterior trazado das calles, rotondas e avenidas.

 

E unha última proposta, na que nos invitaron a usar unha imprenta coa que plasmamos os noso nome e creamos os nosos autoretratos.