Blogue de Vanesa

Coñecendo Lugo

A aula 15 saliu a coñecer un pouco do seu entorno máis próximo e de paso, desfrutaron deste paraque tan chulo que temos preto!

Día das Linguas

O pasado 26 de setembro foi o Día das Linguas e no noso cole tamén o celebramos!

Enchemos unha árbore de flores típicas de distintos países xunto coa palabra "grazas" nos diferentes idiomas da Unión Europea.

Que bonito nos quedou!

Día Mundial do Alzheimer

Co motivo do Día Mundial do Alzheimer, celebrado o pasado día 21, fixémoslles chegar ata Afalu uns agasallos moi especiais: unhas flores baixo o lema "Ás veces calquera detalle pode converterse nun recordo con moito significado". 

Eles enviáronnos tamén os seus agasallos máis preciados, os seus recordos, cos que fixemos un mural no cole!

 

Asamblea na pizarra dixital

Dende o curso pasado temos pizarras dixitais novas no cole e molan un montón!

A aula 7, entre outras, xa comezou as súas rutinas traballando nela.

Empezamos a tope!

Benvidos ao novo curso!

Comeza un novo curso rodeados de moitas flores e cheos de ilusión!

 

Florecendo

Este ano, estamos inmersos como vos contamos anteriormente nun gran proxecto no que participamos todo o cole.

Florecendo leva un pouquiño de cada un de nós e aquí poderedes ver o proceso para chegar ata onde estamos.

Botade un ollo! Xa veredes que experiencia tan bonita!

O Entroido Ribeirao

Fai unha semana que rematou o entroido e Mérida xa está de volta na biblio.

Pasouno moi ben por Chantada, e ven cargadiña de cousas que contarnos do entroido Ribeirao!!!

Díxonos que os nenos e nenas de infantil do CEIP Xoán de Requeixo lle contaron todo con pelos e sinais, e que a trataron como unha reina!!

Moitas grazas!!!