Blogue de Vanesa

Horta do CEE Santa María

Boas!

Hoxe traemos unha noticia xenial! Por fin poñemos a punto a nosa horta escolar. Estivemos sachando a terra e plantando os alimentos esta semana co alumnado.

Polo momento plantamos espinacas, leitugas, fresas, berzas... xa vos iremos contando que máis seguimos plantando e como van evolucionando! Está quedando unha horta increíble!

 

8M - Mulleres cos pés na terra

Boas!

Co motivo do 8 de Marzo, o Día da Muller, o noso cole celebrou por todas aquelas mulleres traballadoras, pero desta volta centrámonos nas mulleres rurais, mulleres cos pés na terra. 

Mirade que guapos e guapas estábamos representando a todas elas!

A mazá

Esta semana a aula 5 está a traballar algunhas froitas que nos dan as árbores.

Hoxe estiveron traballando coa mazá: cales son as súas partes, como saben as mazás (que ben sabían recién cortadas), como se escribe o seu nome, como se recollen, que tipos de mazás hai... están feitos/as uns expertos/as en recoller alimentos!

E por non falar do conto de hoxe... que tamén lles encantou!

Seguirémosvos contando que alimentos aprenderon nos próximos días!

Entroido

Boas de novo!!! 

Estamos feitos uns gandeiros e gandeiras increíbles así que este entroido decidimos no CEE Santa María disfrazarnos de membros da granxa: ovellas, galiñas, galos, poliños, vacas e toros, veterinarios para coidar os animais, o lobo que asusta ás ovellas da nosa granxa, espantapáxaros para a nosa horta e por suposto, aos mellores tractoristas para traballar na granxa con uns tractores ben potentes!

Aquí vos deixamos un anaco do ben que o pasamos no entroido do cole!

Benigno

Esta semana estivo cargada de boas novas! O lunes 13 de febreiro naceu o noso poliño, o único sobreviviente da nosa incubadora. Agora é o amor de todo o cole!

Sabedes? O luns era San Benigno así que lle quedou ese nome. 

Benigno pía moitísimo, está moi contento, come e bebe xenial e está cheo de cariño. 

Ademais, esta semana acercáronse da Asociación de Avimós que foron quen nos prestaron a incubadora e os oviños, para contarnos un pouquiño máis sobre eles e os seus coidados.

Estámosvos moi agradecidos!!!

O noso galiñeiro

Temos boas novas!!!!

Temos un galiñeiro no cole grazas a uns amigos que son uns manitas, entre eles, a Escola Infantil Golfiños que dedicaron as súas horas a facelo e logo a montalo no noso cole. Nós estamos encantados porque ten ata o último detalle!

Ademais, xa temos as nosas galiñas: unha rubia común que se chama Maruxa, unha negra común que se chama Cinza e unha galiña andaluza que se chama Azucena.

Os nenos e nenas do cole están emocionadísimos con coidalas e tamén con apañar os ovos e facer algunha receita rica con eles. De feito, xa axudaron na organización do galiñeiro.

Irémosvos contando como evolucionan os novos membros do CEE Santa María.

 

Expertos en vacas

O alumnado das aulas 8 e 9 son todos/as uns expertos/as en vacas. Xa saben os tipos de vacas que hai, os alimentos que nos poden producir e como os comemos e ata fixeron unha vaca chulísima para a nosa granxa do cole!

Igual vos animades a vir comprar á súa queixería e leitería!