Temos boas novas!!!!
Temos un galiñeiro no cole grazas a uns amigos que son uns manitas, entre eles, a Escola Infantil Golfiños que dedicaron as súas horas a facelo e logo a montalo no noso cole. Nós estamos encantados porque ten ata o último detalle!
Ademais, xa temos as nosas galiñas: unha rubia común que se chama Maruxa, unha negra común que se chama Cinza e unha galiña andaluza que se chama Azucena.
Os nenos e nenas do cole están emocionadísimos con coidalas e tamén con apañar os ovos e facer algunha receita rica con eles. De feito, xa axudaron na organización do galiñeiro.
Irémosvos contando como evolucionan os novos membros do CEE Santa María.