Skip to Content

O OUTONO DE VOLTA

Unha morea de recursos para traballar o Outono.

As nosas nenas e nenos poderán crear, cantar, escoitar e xogar con eles!!!!

OUTUBRO: MES PARA A CONCIENCIACIÓN DA CAA

"As expectativas e previsións dos profesores sobre a forma en que dalgunha maneira se conducirán os alumnos determinan precisamente as condutas que os profesores esperan". (Efecto pigmalión) Rosenthal e Jacobson.

RECOLLIDA DO PREMIO DE NÓS TAMÉN CREAMOS

O pasado mércores, 28 de outubro, desprazámonos ata Santiago de Compostela un pequeno grupo de alumnado, mestres e unha coida para asistir ao acto de entrega de premios ás curtas de animación en galego, no marco do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos" no cal resultamos gañadores.

Foi un acto moi emotivo, presentado por Paco Nogueiras e compartido con outros dous centros de Educación Infantil e Primaria.

BENVIDAS E BENVIDOS!

Chegou o gran día!!!

Esperámosvos con moita gana e ilusión mañá 8 de setembro.

Agárdanos un curso cheo de aventuras e fermosas aprendizaxes.

CONTAMOS CON VÓS!!!!

 

 

XOGOS E FESTA DE FIN DE CURSO

Aínda que o tempo se puxo algo máis frío do que esperabamos e tivemos que deixar os xogos de auga para outra ocasión...pedazo festa e despedida do curso fixemos o día 21 de xuño...Que bos momentos pasamos nos distintos xogos que se repartiron polo patio, nos hinchables e coa festa da espuma!!!

Ollade as fotos e comprobadeo!!!

 

Graduados/as 2021/2022 - Sofía, Alex e Claudia

O pasado mércores 22 de xuño tocounos despedir a Sofía, Claudia e Alex, pois este curso remataron a escolarización no noso centro. Para festexar a súa graduación, impusémoslles a beca e o birrete típico nestes eventos, e cada un levou un agasallo de recordo do seu paso polo CEE Miño, logo de recopilar as mellores fotografías destes anos. Foi un pracer teros connosco e desexámosvos moitísima sorte no futuro!

Distribuir contido


by Dr. Radut