Skip to Content

Blogues

SAÍDA Á PISCINA BEONE DE EIROÁS CO PRIMEIRO GRUPO DE ALUMNADO. OUTUBRO DE 2023

 

Fai hoxe, exactamente, unha semana, concretamente o xoves 26 de outubro púxose en marcha a marabillosa iniciativa  de ir á piscina climatizada de Eiroás co alumnado do centro, nesta ocasión foi o primeiro grupo. En novembro será a quenda do segundo grupo e en decembro do terceiro.

No segundo e terceiro trimestre a dinámica será a mesma. Cada grupo unha vez por trimestre.

COMPARTINDO NOVEMBRO

Achegamos entrada neste mes de novembro do bloque COMPARTINDO.

Preme aquí para poder visualizar formación, lectura e webinarios recomendados.

Concurso de cabazas

Ola familias! No cole fixemos un concurso de cabazas. Cada clase tiñamos que decorar a cabaza como quixéramos.

Hoxe tocou colocala para que a poidades ver cando entredes no cole!

E así de emocionados estaban Branyeli, Lucas e Abraham hoxe!!!

SKILLS 2023

Os días 25 e 27 de outubro celebrouse o campionato galego da formación profesional SKILLS. O alumnado do PFB participou dando unha boa lección de esforzo e traballo en equipo.

Moito orgullo!!!!

Porta terrorífica

Ola familias! Hoxe preparamos a nosa porta para o Samaín. Esforzámonos moito en facela para que meta medo a todo o mundo que visite a aula 3.

 

Grazas a Miguel por axudarnos a facela!!!

SAMAÍN

Ben queridas familias, o luns 30 celebramos no cole o Samaín. Todas as nenas e nenos poden vir disfrazados para a ocasión.

Vai ser un día terrorificamente divertido!!!!

GRAZAS COMO SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN.

Distribuir contido


by Dr. Radut