Skip to Content

Blogues

Comunicadores

Ola familias! Na nosa aula Lucas e Branyeli continuan traballando cos seus comunicadores. 

Hoxe fixemos un xogo de atención e aumento de vocabulario apoiados, coma sempre, nos comunicadores.

Preparando o Magosto

Ola familias! Mañá no colexio celebramos o Magosto. Por iso ao longo de toda esta semana estamos a preparar entre todos os nenos do cole un gran mural da castañeira que nos visitará mañá acompañada de Perico.

Deixovos o moito que traballaron Lucas, Branyeli e Abraham.

 

O espello de adxectivos positivos

Na nosa clase ademais de contar cun rincón da calma, xusto ao lado del temos un espello con adxectivos positivos, os cales recordamos ao longo do día para aprender a querernos moito a nos mesmos.

O Rincón da calma

Ola familias! Na nosa clase contamos cun rincón da calma o cal, cando os nenos tópanse tristes ou cansos acuden a él.

Ademáis conta con botellas relaxantes, un boneco e actividades manipulativas para coñecer as emocións básicas coma a alegría, tristeza e o enfado.

Un neno emocionalmente san será un adulto emocionalmente feliz.

Aprendemos o concepto arriba-abaixo

Ola familias! Hoxe a nosa profe Vanesa trouxonos un xogo súper divertido para aprender o concepto de arriba- abaixo. 

Pasámolo súper ben porque os nenos xogando aprendemos! Ademáis apoiamonos, coma sempre no noso comunicador!

Aumentando vocabulario

Ola familias! Seguimos traballando moito na aula a partir do comunicador Grid 3. 

Aumentamos vocabulario coa axuda dos pictogramas e de diferentes xogos e coa gran axuda do comunicador.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut