Skip to Content

Blogues

ROSALÍA DE CASTRO

Achegamos genially sobre Rosalía de Castro con cousiñas variadas por se vos é de axuda na semana previa á celebración do seu día.

RADIO VELLE

Hoxe 13 de febreiro, aparte de ser martes de entroido, celébrase o día mundial da radio, ese pequeno aparato que hai cada vez en menos casas. 

Por elo, publicamos a primeira entrevista realizada por Radio Velle  a Manuel Penín na súa recente visita ao centro. Esperamos que vos guste e atentos a próximas publicacións.

Entroido

O venres pasámolo en grande na gran festa do Entroido no cole!

Ainda que non puidemos festexalo por mor da choiva, cantamos e bailamos!

Así de guapos íamos na aula 3!!!

ENTROIDO 2024

Este ano a festa de Entroido adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. Cada aula, cos distintos especialistas escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh e tamén apareceron unhas CUPIDAS...fermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o pasado venres día 9 de febreiro. Agardamos que vos guste o vídeo resumo da festa.

Preparándonos para o Entroido

Ola familias! Mañá e a gran festa de Entroido!

Pero hoxe as ordes de Perico foron moi claras. Todos debíamos de levar na cara pintada un corazón!

1º TRIMESTRE AULA 1

LEMBRANZAS QUE SEMPRE PERDURARÁN NA MEMORIA E NO CORAZÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut